Saltar ao contido

José Mateo Mariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Mateo Mariñas Ferrero»)
Modelo:BiografíaJosé Mateo Mariñas
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Bembibre, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata

José Mateo Mariñas Ferrero, nado en Bembibre (O Bierzo) o 8 de setembro de 1918, foi un xornalista e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Incorporouse ao PSOE en 1935. Na guerra civil foi sarxento de Intendencia no exército leal.[1] Nos anos corenta residía en Rábade e foi o contacto do partido para organizar a Federación Provincial do PSOE de Lugo, con Manuel Cobas Rodríguez, Luis Fernández del Valle, Graciano Leivas Freire, Antonio Vidal Vilas e outros. Detidos en xullo de 1945, acusados de rebelión na causa 321/45, foron xulgados en Lugo o 20 de abril de 1946. Cobas, Mariñas e Vidal foron condenados a seis meses e un día, e Luis foi condenado a nove meses de prisión. José Mateo Mariñas saíu en liberdade o 27 de xuño de 1946.

En 1949 foi nomeado correspondente en España do semanario mexicano Claridad e trasladouse a Madrid.[2] Dende xullo de 1949 enviou crónicas de Madrid para El Progreso.[3] Foi crítico taurino. Restablecida a democracia formou parte da Agrupación Socialista de Chamartín (Madrid). Traballou como xornalista en TVE. Foi elixido vicepresidente da Unión de Periodistas en abril de 1978.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]