Graciano Leivas Freire
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 ![]() Mondoñedo, España ![]() |
Morte | 1991 ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, mecánico ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
![]() |
Graciano Leivas Freire, nado en Mondoñedo en 1909 e finado en 1991, foi un mecánico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Graciano Leivas Gallego, fundador dos Talleres Leivas. Militante socialista, na República foi tesoureiro da Agrupación Socialista de Mondoñedo (1932) e en 1936 secretario da mesma, que presidía Luís Trigo Chao. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Mondoñedo o 8 de agosto. Permaneceu no cárcere de Mondoñedo até o 3 de setembro de 1937, cando foi trasladado á Coruña. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Francisco García Martínez, Alfredo Martínez Martínez, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria, foi condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión Provincial da Coruña, de onde saíu en liberdade condicional en setembro de 1941.[1]
Nos anos corenta participou no intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña con Manuel Cobas Rodríguez, Luis Fernández del Valle, José Mateo Mariñas Ferrero, Antonio Vidal Vilas e outros. Foi detido con Manuel Cobas o 25 de xullo de 1945 acusado de actividades clandestinas de tipo socialista.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 20-9-1941, p. 7252
- ↑ ""Reorganización y proceso de estructuración del sindicalismo socialista en Galicia" / Guillerme Pérez Agulla e Rogelio Pérez Poza, in Análisis históricos del sindicalismo en España. Del Franquismo a la estabilidad democrática (1970‐1994)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2021. Consultado o 12 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo.