Saltar ao contido

Manuel Cobas Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Cobas Rodríguez
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 1983 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, sindicalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 16958

Manuel Cobas Rodríguez, nado en Lugo en 1902 e finado no mesmo concello en decembro de 1983,[1] foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dependente de comercio. Membro da UGT, foi secretario do sindicato de Comercio e presidente da Sociedad Instructiva Dependientes Comercio en 1933 e 1935. Afiliado á Agrupación Socialista de Lugo da que foi vogal, foi concelleiro de Lugo polo PSOE en 1936 e nomeado 4º Tenente-Alacalde. Participou nas reunións a favor do Estatuto de Autonomía. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado. detido o 4 de abril de 1940. Xulgado na causa 200/40, foi condenado a prisión temporal. Saíu en liberdade o 15 de decembro de 1941. Nos anos corenta participou no intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña con Luis Fernández del Valle, José Mateo Mariñas Ferrero, Graciano Leivas Freire, Antonio Vidal Vilas e outros. Foi detido con Graciano Leivas o 25 de xullo de 1945 acusado de actividades clandestinas de tipo socialista. Permaneceron na Prisión Provincial de Lugo ata o 29 de agosto, cado foron trasladados á Prisión Provincial da Coruña. Acusados de rebelión, Cobas, Mariñas e Vidal foron condenados a seis meses e un día, e Luís Fernández del Valle foi condenado a nove meses de prisión. Cobas foi novamente trasladado á prisión de Lugo o 24 de maio de 1946, de onde saíu en liberdade o 26 de xuño dese ano.

Ingresou outra volta na prisión o 24 de febreiro de 1947 acusado de axudar á guerrilla, xunto a Carmen Ares Fernández. Procesado na causa 99/47 por "encubridores de bandoleros", foi xulgado en Lugo o 30 de xaneiro de 1948 xunto con Lino Carrera Falcón, Primitivo Rodríguez Otero, José Coronas Rodríguez, Aniceto Díaz Pereira, América Díaz Pereira, Fidel Díaz Pérez, José María Díaz Cortón, Faílde Fernández Teijeiro, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Donato Freire Barja, Anunciación Grandela Novo, Modesto López Rodríguez, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Páxaro Seijas, Darío Peinó Jardín, Manuel Pérez Penelas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Río, José Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares. Foi condenado a un ano e seis meses de prisión menor.[2] Saíu en liberdade condicional o 10 de abril de 1948.[3] Pertenceu á organización socialista clandestina de Lugo nos anos sesenta, da que foi secretario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]