Primitivo Rodríguez Otero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1894 Pol, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | político, sindicalista |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Jesús Primitivo Benedicto Rodríguez Otero, nado en Mosteiro (Pol) o 17 de xaneiro de 1894, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fundador da Sociedade Agraria Trabajadores de la Tierra, vinculada á UGT e integrante do Comité Socialista de Mosteiro. Foi nomeado concelleiro de Pol o 12 de marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pero logrou escapar. Estivo fuxido polos montes da parroquia de Luaces con Manuel Castro Tellado e Manuel Rivas, pero foi detido o 25 de maio de 1937 e xulgado en Lugo por adhesión á rebelión na causa 1382/37, foi condenado a reclusión perpetua. Concedéronlle a prisión atenuada o 23 de agosto de 1940.
Casou con Silvina Castro Tellado, irmá do guerrilleiro Manuel Castro Tellado. Logo da morte deste o 13 de xaneiro de 1947, foi detido o 11 de febreiro coa súa muller Silvina. Procesado na causa 99/47 por "encubridores de bandoleros", foi xulgado en Lugo o 30 de xaneiro de 1948 xunto con Lino Carrera Falcón, Manuel Cobas Rodríguez, José Coronas Rodríguez, Aniceto Díaz Pereira, América Díaz Pereira, Fidel Díaz Pérez, José María Díaz Cortón, Faílde Fernández Teijeiro, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Donato Freire Barja, Anunciación Grandela Novo, Modesto López Rodríguez, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Páxaro Seijas, Darío Peinó Jardín, Manuel Pérez Penelas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Río, José Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares. Foi condenado a un ano e seis meses de prisión menor. Saíu en liberdade condicional o 18 de abril de 1948.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Expediente procesual de Primitivo Rodríguez Otero
- Expediente procesual de Primitivo Rodríguez Otero
- Botana Iglesias, Rocío (2012). O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-1936). Santiago de Compostela: Fundación Luís Tilve. pp. 368–369. ISBN 978-84-95773-26-5.
- Cabana Iglesia, Ana (2008). "«Escravo das miñas confidencias e apoio ñas miñas necesidades...» Contribución ao estudo da «Guerrilla do chao» no rural galego: a rede de enlaces do guerrilleiro Manuel Castro Tellado". A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostea ; A Coruña: Consello da Cultura Galega ; Universidade de Santiago de Compostela ; Real Academia Galega. pp. 65–82. ISBN 978-84-9887-000-8.