Lino Carrera Falcón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1910 ![]() Baltar, España ![]() |
Morte | 3 de novembro de 1993 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cociñeiro, político ![]() |
Familia | |
Fillos | Luis Carrera Pásaro ![]() |
Lino Carrera Falcón, nado en Baltar (A Pastoriza) cara a 1910 e finado en Lugo o 3 de novembro de 1993, foi un cociñeiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado. Desertou do exército rebelde o 25 de agosto de 1937,[1][2] e combateu no exército leal. Cando rematou a guerra foi detido. Procesado na causa 5357/39 por rebelión, foi xulgado en Madrid o 6 de setembro de 1939 e condenado á pena de morte. Conmutada a condena, estivo preso na 3ª Agrupación de Colonias Penitenciarias Militarizadas de Talavera de la Reina, de onde saíu o 22 de decembro de 1942. Foi detido o 23 de maio de 1945 por orde do Gobernador civil, saíndo en liberdade o 13 de agosto.
Logo da morte do guerrilleiro Manuel Castro Tellado o 13 de xaneiro de 1947, foi detido o 15 de febreiro. Procesado na causa 99/47 por "encubridores de bandoleros", foi xulgado en Lugo o 30 de xaneiro de 1948 xunto con Primitivo Rodríguez Otero, Manuel Cobas Rodríguez, José Coronas Rodríguez, Aniceto Díaz Pereira, América Díaz Pereira, Fidel Díaz Pérez, José María Díaz Cortón, Faílde Fernández Teijeiro, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Donato Freire Barja, Anunciación Grandela Novo, Modesto López Rodríguez, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Páxaro Seijas, Darío Peinó Jardín, Manuel Pérez Penelas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Río, José Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares. Foi condenado a un ano e seis meses de prisión menor. Saíu en liberdade condicional o 17 de maio de 1948. Finou en Lugo o 3 de novembro de 1993.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuela Pásaro Trashorras e foi pai de Luis Carrera Pásaro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha de Lino Carrera Falcon
- ↑ Ordinario por deserción contra Carrera Falcon, Lino.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, Lugo, 4-11-1993, p. 40
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabana Iglesia, Ana (2008). "«Escravo das miñas confidencias e apoio ñas miñas necesidades...» Contribución ao estudo da «Guerrilla do chao» no rural galego: a rede de enlaces do guerrilleiro Manuel Castro Tellado". A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostea ; A Coruña: Consello da Cultura Galega ; Universidade de Santiago de Compostela ; Real Academia Galega. pp. 65–82. ISBN 978-84-9887-000-8.