Saltar ao contido

José Miñones Trillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Miñones Trillo
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1939 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Vimianzo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático (1980–), research associate (en) Traducir (1975–1980), adjunct professor (en) Traducir (1961–1975), farmacéutico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeMaría Mercedes Conde Editar o valor en Wikidata
FillosJosé Miñones Conde Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1720802 BUSC: minones-trillo-jose-1939 Dialnet: 3072314
Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.

José Miñones Trillo, nado en Vimianzo o 25 de xuño de 1939, é un farmacéutico, profesor universitario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Premio Extraordinario de Doutoramento, bolseiro da Fundación Barrié, da Fundación March, da Embaixada de Francia e do Goberno Francés para estadíias de investigación no Instituto Pasteur e na Universidade de París VI. Foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, decano da Facultade de Farmacia e director da Escola de Óptica. É Académico numerario da Real Academia Nacional de Farmacia, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e da Real Academia de Farmacia de Galicia. Foi presidente da CIUG de 1994 a 1999.[1]

Foi concelleiro de Santiago de Compostela e nas eleccións autonómicas de 1985 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia por Coalición Popular. Nas eleccións xerais de 2000 foi candidato ao Senado por Democracia Galega.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Placa da Asociación de Farmacéuticos Ópticos.
  • Insignia de ouro da Asociación de Antigos Alumnos da Facultade de Farmacia de Santiago.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Mercedes Conde Mouzo. É pai de José Miñones.[3]

  1. Recuerdos de mi juventud en Vimianzo
  2. La Voz de Galicia, Bergantiños-Soneira-Fisterra, 9-3-2000, p. 47.
  3. "Fallece la madre del delegado del Gobierno en Galicia, José Miñones". Europa Press. 2 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]