Saltar ao contido

José Millán-Astray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Millán-Astray

José Millán-Astray (nos anos 1900)
Nome orixinal(es) José Millán Astray Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1879
A Coruña
Morte1 de xaneiro de 1954 (74 anos)
Madrid
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 1 de xaneiro de 1954
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 4 de maio de 1949
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 1 de maio de 1946
Comandante en xefe
26 de febreiro de 1926 – 19 de xuño de 1927
← Francisco FrancoEugenio Sanz de Larín (en) Traducir →
Comandante en xefe
2 de setembro de 1920 – 13 de novembro de 1922
← sen valor – Rafael de Valenzuela y Urzaiz (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañol
Ideoloxía políticaFascismo e Franquismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Infantería de Toledo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
OcupaciónMilitar
Membro de
Carreira militar
LealdadeRestauración borbónica en España Editar o valor en Wikidata
Rama militarInfantaría Editar o valor en Wikidata
Rango militarxeneral de brigada Editar o valor en Wikidata
ConflitoRevolución filipina
Guerra do Rif
guerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElvira Gutiérrez de la Torre Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Millán Astray Editar o valor en Wikidata
IrmánsPilar Millán-Astray Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0590272 BNE: XX1032341 BUSC: millan-astray-terreros-jose-1879-1954 Editar o valor en Wikidata

José Millán-Astray y Terreros, nado na Coruña o 5 de xullo de 1879 e finado en Madrid o 1 de xaneiro de 1954, foi un militar galego vinculado ao franquismo e fundador da Lexión Española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai foi o avogado e director do Cárcere Módelo de Madrid José Millán Astray, e a súa nai Pilar Terreros Segade. A súa irmá foi a escritora Pilar Millán Astray. Moi vinculado ao seu pai, utilizou legalmente os seus dous apelidos, e cando tivo idade ingresou na carreira militar, o que non puidera facer seu pai ao obrigarlle o seu proxenitor a estudar dereito. O 30 de agosto de 1894 ingresou na Academia de infantería de Toledo, aproveitouse dun programa de estudos abreviado que o goberno permitiu polas necesidades de oficiais para os conflitos de Cuba e as Filipinas. Así, en febreiro de 1896 José Millán-Astray graduouse como tenente segundo. Após servir seis meses nun rexemento de Madrid, ingresou o 1 de setembro de 1896 na Escola Superior de Guerra para obter o diploma de Estado Maior. Interrompeu os seus estudos para pedir o traslado ás Filipinas para loitar contra os independentistas. Pola súa actuación na defensa da vila de San Rafael recibiu a Cruz ao Mérito Militar de Primeira Clase e volveu a España convertido nun heroe. Continuou os seus estudos na Escola Superior de Guerra e en 1905 ascendeu a capitán.

En 1906 casou con Elvira Gutiérrez, filla do xeneral Gutiérrez Cámara. Pasou a formar parte do Estado Maior da Academia de Infantaría de Toledo en 1910, mais aos dous anos solicita o traslado a África, onde serviu nos Regulares Indíxenas. Ascendeu a comandante por méritos de guerra en 1914. Cando en 1917 recibiu destino en Madrid comezou a preocuparse pola necesidade que España tiña de contar cunha forza formada por mercenarios estranxeiros, ao xeito da Lexión Estranxeira Francesa. Tras obter o apoio do ministro da Guerra, José Villalba Riquelme, a Lexión Estranxeira estableceuse por real decreto o 28 de xaneiro de 1920 con Millán-Astray, xa tenente coronel, como o seu xefe e Francisco Franco, un dos seus grandes apoios, como xefe segundo. Millán-Astray trasladouse a Ceuta, onde se establecera o cuartel da Lexión. Destemido no campo de batalla, foi ferido en numerosas ocasións, e perdeu un brazo e un ollo. Foi o principal valedor da fracción africanista do exército español no seu enfrontamento co sector máis liberal. Redactou en 1922 unha carta aberta dirixida ao rei Afonso XIII para renunciar á xefatura da Lexión en protesta pola pouca influencia dos africanistas. Trasladado á Península xa na ditadura de Primo de Rivera, ascendeu a coronel e recibiu destino no alto comisariado de Marrocos. En 1926 volveu á xefatura da Lexión durante un ano.

Guerra Civil Española

[editar | editar a fonte]

Na Guerra Civil española tivo un papel secundario no bando franquista, e dedicouse á propaganda. Foi famosa a agarrada que tivo con Miguel de Unamuno o 12 de outubro de 1936, durante o acto de comezo do curso académico (que concidía coa celebración do "Festa da Raza"), no Paraninfo da Universidade de Salamanca. Despois dunha serie de discursos de oradores atacando a "anti-España", ao pechar o acto como reitor, Unamuno fixo un discurso improvisado, criticando duramente como se estaba a levar a rebelión, sentenciando ao rematar:

"Venceredes, pero non convenceredes. Venceredes porque tedes sobrada forza bruta; pero non convenceredes, porque convencer significa persuadir. E para persuadirdes necesitades algo que vos falta: razón e dereito na loita.".

Reacción de Millán-Astray perante Unamuno

[editar | editar a fonte]

Tralo seu discurso, Millán-Astray berroulle "A min a Lexión", "viva a Morte" (lema da Lexión) e "abaixo a intelixencia". A isto, Unamuno contestoulle "viva a vida" (case un insulto á Lexión). A continuación o xeneral levantouse, e José María Pemán tratou de aclarar: "¡Viva a intelixencia! ¡Morran os malos intelectuais!".

En 1922 foi nomeado fillo predilecto da cidade da Coruña, homenaxe que lle retirou o concello e que en 2011 tivo que repoñer logo do recurso presentado pola súa filla por vía xudicial.[1] Finalmente a retirada foi avalada polo TSXG en 2013.[2]

En 1970 o concello da Coruña erixiu unha estatua na praza que levaba o seu nome en memoria dos 50 anos da fundación da Lexión Española. A estatua foi retirada en 2010 en aplicación da Lei de memoria histórica, decisión ratificada xudicialmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)[3]. A praza foi rebautizada como praza das Atochas en 2015.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]