Saltar ao contido

José Mosquera Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Mosquera Rey
Biografía
Nacementoc. 1909 Editar o valor en Wikidata
Cervo, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Veigue, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, tortura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, mariñeiro Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 19736

José Mosquera Rey, nado en Cervo cara a 1909 e finado en Veigue (Sada) o 12 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro, era temoeiro nun mercante. Foi un dos fundadores da Asociación Agraria de Meirás, da que foi elixido secretario en 1931. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Meirás con Juan Antonio Suárez Picallo e os sindicalistas Antonio Carballeira Muñiz, Manuel Prego Chas e Gumersindo Montero Montero. A comezos de agosto trasladouse con Antonio Carballeira e Manuel Prego á Coruña, onde foron delatados e capturados polos falanxistas. Logo de sufriren torturas, foron asasinados. Os seus cadáveres apareceron o 12 de agosto do ano 1936 no monte das Abeleiras, na parroquia de Veigue. Foi inculpado en causa militar en Ferrol por auxilio á rebelión, e a súa causa foi sobresida.