José Peña Meléndez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Morte | 17 de xuño de 1895 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, debuxante ![]() |
Familia | |
Fillos | Ramón Peña ![]() |
Irmáns | Valentín Peña ![]() |
José Peña Meléndez, coñecido como Pepe Peña, finado en Vilagarcía de Arousa o 17 de xuño de 1895[1], foi un debuxante e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor de Debuxo na Escola de Debuxo da Sociedade Económica[2] e no Instituto de Santiago. Co seu irmán Valentín Peña fundou e dirixiu o periódico satírico El Ciclón. Escribiu a zarzuela De regreso de pascuas, estreada en Santiago de Compostela en 1886, e o xoguete cómico Un baño, estreado en Vilagarcía ese mesmo ano.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Paz Gil Serrano e foi pai de Ramón Peña Gil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Noticia en Gaceta de Galicia, 18-6-1895, p. 2.
- ↑ López Vázquez, José Manuel B. (2006). A escola de debuxo. Os artistas da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela. 1784-2006 (Fundación Caixa Galicia). p. 127. ISBN 84-96494-85-3.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Peña Meléndez ![]() |