Ramón Peña
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1892 Santiago de Compostela, España |
Morte | 26 de setembro de 1967 (75 anos) Pontevedra, España |
Residencia | Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | debuxante |
Familia | |
Pai | José Peña Meléndez |
Descrito pola fonte | Diccionario biográfico español |
Ramón Peña Gil, nado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 1892 e finado en Pontevedra o 26 de setembro de 1967,[1] foi un debuxante e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Peña Meléndez. Emigrou a Arxentina sendo mozo. Foi fundador e director da revista Céltiga de Buenos Aires con Domingo Rial Seijo. Retornado a Pontevedra, foi socio dos irmáns Enrique e Ramón Barreiro na produtora cinematográfica Folk. Despois da guerra ilustrou libros para Ediciones Céltiga e dirixiu Sonata Gallega de Pontevedra. Foi profesor de debuxo do Instituto de Bacharelato de Pontevedra.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Pilar Vergutín García en 1956.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 28-9-1967, p. 11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beatriz de San Ildefonso Rodríguez: "Ramón Peña Gil" en Diccionario Biográfico Español, Real Academia de la Historia (en castelán).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Céltiga na páxina web do Consello da Cultura Galega