Saltar ao contido

José Romero González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Romero González
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Lavadores, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmetalúrxico, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 17697

José Romero González, coñecido como Pepe Merrello, nado en Lavadores en 1899 e finado en Vigo o 2 de febreiro de 1937, foi un metalúrxico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Metalúrxico domiciliado no barrio de Naia, de Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 12 de setembro.[1] Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 11 de novembro xunto con Guillermo Santos Caride, o seu irmán Jaime Santos Caride e Álvaro Ballesteros Estévez.[2] Foi procesado en rebeldía en dúas causas militares. Agochado na casa da súa moza en Castrelos, foi delatado. Chegaron na súa procura gardas civís e falanxistas e ao tentar fuxir caeu nunha gabia e dispararonlle alí. O seu corpo foi conducido ao cemiterio de Pereiró, onde se rexistrou a súa morte a causa de hemorraxia intratorácica.

  1. El Pueblo Gallego, 13-9-1936, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3.