Álvaro Ballesteros Estévez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Vigo, España |
Morte | 2 de abril de 1938 Becerreira, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | panadeiro, maquis |
Álvaro Ballesteros Estévez, coñecido como Barbas, nado en Vigo e finado en Becerreira (Cabral, Vigo) o 2 de abril de 1938, foi un panadeiro e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Panadeiro na Travesía Ceboleira do Calvario, en Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 11 de novembro xunto con José Romero González, Guillermo Santos Caride e o seu irmán Jaime Santos Caride.[1] Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 31 de decembro con outros veciños de Lavadores.[2] Novamente reclamado en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Guillermo Santos Caride, Eugenio González Fernández, Abraham Lloriente Sánchez, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,[3] e xulgado en Vigo por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Foi abatido nun monte en Becerreira o 2 de abril de 1938 xunto con Eduardo Araujo Conde nun enfrontamento cun destacamento falanxista da parroquia de Cabral. Como causa da morte figura "por disparos en colisión con la fuerza pública".