Saltar ao contido

Eugenio González Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEugenio González Fernández
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor en Wikidata
Lavadores, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, carpinteiro Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 780

Eugenio González Fernández, coñecido como Chepa, nado en Lavadores (Vigo) cara a 1904, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Eugenio González Alonso. Carpinteiro en Lavadores. Afiliado ao Ateneo Libertario de Lavadores. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 enfrontouse aos sublevados nas barricadas de Lavadores e despois fuxiu ao monte. Participou nos asaltos á reitoral de Bembrive e á casa do cura de Candeán. Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Álvaro Ballesteros Estévez, Guillermo Santos Caride, Abraham Lloriente Sánchez, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,[1] foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Finalmente foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 10 de marzo de 1941 na causa 952/1939 xunto con Vicente Guillén Biel, foi condenado a reclusión perpetua. Cumpriu condena no cárcere da Parda. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1941,[2] e foi condenado polo Xulgado de Responsabilidades Políticas ao pago de 100 pesetas de multa en 1943.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Remedios Campos Román e foi pai de Socorro e Eugenio González Campos.

  1. El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2.
  2. El Compostelano, 12-9-1941, p. 2.
  3. BOE, 5-11-1943, p. 3882 .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]