José Sánchez Anido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Galicia, España |
Morte | 6 de xaneiro de 1947 Madrid, España |
Concelleiro de Madrid | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de actividade | (Con vida en: 1883 ) |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Juan Sánchez Anido |
Premios | |
José Sánchez Anido, Vizconde de San Antonio, finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1947, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Descendente de Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, dunha familia fidalga do Pazo de Santaia (Curtis). Militante do Partido Liberal (facción prietista), foi concelleiro e tenente de alcalde de Madrid. Foi elixido deputado pola Coruña na elección parcial do 2 de xuño de 1912 en substitución do falecido Juan Fernández Latorre. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Ortigueira nas eleccións de 1916, e polo de Betanzos en 1918, 1919 e 1923. Colaborou en Galicia, La Democracia, El Imparcial e noutros periódicos liberais de Madrid. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e presidente da Asociación Española para la Difusión de las Ciencias del Hogar creada en Madrid en 1928. Finou en Madrid o 6 de xaneiro de 1947.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Educación campesina, 1922.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Madrid con Antonia Pieltain Bartolí, vizcondesa de San Antonio, en 1913.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ La Región, 30-4-1913, p. 3.