Saltar ao contido

Pedro Antonio Sánchez Vaamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Antonio Sánchez Vaamonde

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1749 Editar o valor en Wikidata
Curtis, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 1806 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Santiago 
Relixióncatólica
EducaciónU. de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupacióncóengo, escritor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 2974 BNE: XX1430627 BUSC: sanchez-vaamonde-pedro-antonio-1749-1806

Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, nado o 10 de abril de 1749 na parroquia de Santaia de Curtis (Curtis) e finado o 4 de outubro de 1806 en Santiago de Compostela, foi un relixioso e escritor, destacado ilustrado do século XVIII.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de alta fidalguía, e foi posuidor de varios morgados. Ademais, tiña numerosos bens na Comarca de Bergantiños. Casou con María Josefa Varela y Figueroa,[1] tamén dona de importantes leiras rústicas e inmobles urbanos. Tras estudar en diversas facultades, obtivo as cátedras de Retórica e Teoloxía. Foi director de estudos do Colexio de Fonseca. O arcebispo Alejandro Bocanegra encomendoulle a dirección da Biblioteca Arcebispal compostelá (1779) e nomeouno primeiro fiscal e despois xuíz eclesiástico da diocese.

Foi cofundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e presidiuna en 1789. Creou en Curtis unha escola de primeiras letras no ano 1798 —doando un edificio e unha dotación económica— e unha academia de debuxo en Santiago de Compostela. Cos seus cartos construíronse os baños minerais de Bea e fixéronse as análises das súas augas, así como as de Caldas de Reis. Axudou a sufragar unha estrada e a Casa de Misericordia de Santiago, que estaba en estado lamentable, e financiou tamén os estudos a varios mozos. Fundou a Biblioteca do Real Consulado do Mar da Coruña (1806), para a cal o cóengo doou aproximadamente uns 4 500 libros, aínda que foi acrecentándose e chegou a ter un fondo duns 30 000 exemplares.

Publicou varios libros sobre curtidos, gandaría e comercio. Un dos seus proxectos máis importantes foi facer navegábel o río Miño, coa finalidade de que os barcos puidesen transportar viño e outras mercadorías desde Ourense até o océano Atlántico.[2]

Estaba a favor do réxime feudal tradicional e propugnou o mantemento de diferenzas educativas entre os estamentos privilexiados e a clase popular.[3][4][5]

"Memoria n.º XIII.º".[6]

Unha rúa da cidade da Coruña leva o seu nome dende o ano 2013.[7]

  • Discurso sobre la eloquencia sagrada en España, Madrid, 1778.
  • Oracion fúnebre que en las exequias que celebró la Real Sociedad económica, Madrid, 1786.
  • Memoria sobre los ganados de Galicia considerados relativamente a la economía política, Madrid, 1802.
  • Respuesta al canónigo de Lugo D. Joaquín Antonio del Camino, Madrid, 1805.
  • Memoria sobre la policia y régimen de los abastos de la ciudad de Santiago, Madrid, 1806.
Capítulos en obras colectivas
  • "Memoria n.º XIII.º", incluída en Coleccion de las Memorias premiadas, Madrid, 1784.[6]
Sobre el
  • Carta crítica al Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, Madrid, 1806, de Francisco Rodríguez de Ledesma.
Póstumas
  • Apología en favor de la Santa Iglesia de Santiago, Santiago de Compostela, 1813.
  • Colección de los escritos del Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, canónigo de la Santa Iglesia Metropolitana de Santiago, Madrid, 1858.[8]
  • La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez, Vigo, 1973.[9]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Meijide 2002.
  2. Dopico Gutiérrez del Arroyo, Diccionario biográfico español.
  3. "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Diccionario enciclopédico galego universal 54. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 97. ISBN 84-7680-429-6. 
  4. "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 228. 
  5. "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 158. ISBN 84-7680-288-9. 
  6. 6,0 6,1 p. 327-368 en Coleccion de las Memorias premiadas… Tratan del exercicio de la caridad y socorro de los verdaderos pobres, corrección de los ociosos, destierro de la mendicidad voluntaria…, Madrid, 1784.
  7. «Una calle recuerda al inspirador de las bibliotecas locales...» El Ideal Gallego, 5/6/2013 (en castelán).
  8. Na Imprenta de Manuel Minuesa, de 417 páxinas.
  9. Beiras, Xosé Manuel, ed. (1973). La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez (en castelán). Editorial Galaxia. ISBN 9788471541789. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]