José Sánchez Vilas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1932 Carballo, España |
Morte | 11 de abril de 2020 (87/88 anos) Carballo, España |
Alcalde de Carballo | |
1979 – 1991 ← Pastor Bazarra Sánchez – Manuel Varela Rey → | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
José Sánchez Vilas, nado en Carballo en 1932 e finado no mesmo concello o 11 de abril de 2020[1], foi un empresario e político galego que foi alcalde de Carballo entre 1979 e 1991.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi o primeiro alcalde da actual etapa democrática na vila carballesa, sendo elixido en tres lexislaturas consecutivas con distintos partidos políticos: UCD (1979-1983), Coalición Popular (1983-1987) e Coalición Progresista Galega (1987-1991). Nos comicios de 1991 preséntase polo Partido Popular de Galicia, deixando a alcaldía a favor de Manuel Varela Rey. Presentaríase por última vez ás eleccións no ano 1995 co partido independente AEIC. Asemade, é considerado un dos principais impulsores do desenvolvemento industrial de Carballo como promotor do primeiro polígono industrial de Bértoa.[2]
Predecesor: Pastor Bazarra Sánchez |
Alcalde de Carballo 1979 - 1991 |
Sucesor: Manuel Varela Rey |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mary Navaza Lorenzo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Comunicado institucional polo falecemento do ex-alcalde José Sánchez Vilas". 12 de abril de 2020. Consultado o 28 de xullo de 2021.
- ↑ "Adiós al alcalde tranquilo", La Voz de Galicia, Carballo, 13-4-2020, p. 4.