Saltar ao contido

Manuel Varela Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Varela Rey
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Artes, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Carballo
1991 – 2003
← José Sánchez VilasEvencio Ferrero Rodríguez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, catedrático Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia
Alianza Popular Editar o valor en Wikidata

BUSC: varela-rey-manuel-1953

Manuel Varela Rey, nado en Artes (Carballo) o 30 de decembro de 1953, é un profesor e político galego que foi alcalde de Carballo entre 1991 e 2003, primeiro por Independentes por Carballo e as dúas últimas candidaturas polo PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Manuel Varela comezou a súa carreira política en 1987 como cabeza de lista do AP en Carballo, se ben non conseguiu a alcaldía fronte á CPG de José Sánchez Vilas. A pesar de que o Partido Popular sempre foi o seu partido de referencia, no ano 1991 fundou o partido Independentes por Carballo, trala fichaxe de Sánchez Vilas por parte do seu partido, e así conseguiu chegar á alcaldía ao acadar a maioría absoluta. Este feito de encabezar a candidatura de protesta fixo que se gañara algúns inimigos dentro das filas populares mesmo despois de ter exercido entre 1989 e 1991 como deputado no Parlamento de Galicia, cargo ao que renunciou para presentarse á alcaldía de Carballo.

Trala disputa chegou a reconciliación e Manuel Varela volveu ser o líder que daría ao PPdeG outras dúas maiorías absolutas en Carballo. Dende 1995 compaxinou a alcaldía co seu escano na Deputación da Coruña, na que, no último mandato, exerceu como voceiro.

Con todo, unha serie de problemas dentro do grupo popular durante os catro últimos anos de mandato que culminou co cesamento de dous concelleiros e co goberno en minoría desembocou na perda do poder nas seguintes eleccións. No ano 2005 dimite como edil logo de 18 anos na corporación carballesa[1].

  1. "Manuel Varela Rey dimitirá como edil para ser asesor de Núñez Feijoo". La Voz de Galicia. 31 de marzo de 2005. Consultado o 28 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]