José Sánchez de Santa María
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | tradutor |
José Sánchez de Santa María foi un tradutor galego, que Ricardo Carballo Calero cita entre os precursores de Rosalía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Louis Lucien Bonaparte, sobriño de Napoleón, fixo traducir a varios idiomas o Evanxeo de Mateu. En 1861 publicouse en Londres a tradución galega, debida a José Sánchez de Santamaría, de Santiago de Compostela, polo demais descoñecido.
A versión está feita sobre a tradución castelá de Félix Torres Amat, e non sobre o texto grego. O libro leva un prólogo do príncipe editor titulado Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa. Abondan na tradución galega os castelanismos morfolóxicos e sintácticos[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 118. ISBN 84-7154-227-7.