Louis Lucien Bonaparte
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (fr) Louis Lucien Bonaparte (fr) Louis-Lucien Bonaparte ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xaneiro de 1813 ![]() Grimley, Reino Unido (en) ![]() ![]() |
Morte | 3 de novembro de 1891 ![]() Fano, Italia (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | St Mary's Catholic Cemetery, Kensal Green (en) ![]() ![]() |
Second Empire senator (en) ![]() | |
31 de decembro de 1852 – 4 de setembro de 1870 | |
Member of parliament for the Seine (en) ![]() | |
8 de xullo de 1849 – 2 de decembro de 1851 | |
Q59854914 ![]() | |
26 de novembro de 1848 – 9 de xaneiro de 1849 ![]() | |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística ![]() |
Lugar de traballo | París ![]() |
Ocupación | lingüista, dialectólogo, político, romanista ![]() |
Partido político | Parti de l'Ordre (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Casa de Bonaparte ![]() |
Cónxuxe | Clémence Richard (1891–) Maria Anna Cecchi (1832–) ![]() |
Fillos | Louis Clovis Bonaparte ( ![]() ![]() |
Pais | Luciano Bonaparte ![]() ![]() |
Irmáns | Letitia Christine Bonaparte Charlotte Bonaparte Gabrielli Pietro Bonaparte Charles Lucien Bonaparte Paul Marie Bonaparte ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Louis Lucien Bonaparte, nado en Thorngrove (Worcestershire) o 4 de xaneiro de 1813 e finado en Fano (Italia) o 3 de novembro de 1891, foi un filólogo e político francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Lucien Bonaparte e sobriño de Napoleón I foi Príncipe imperial desde o 22 de marzo de 1815, se ben o seu título non foi recoñecido en Francia ata o 21 de febreiro de 1853. Pasou a súa mocidade en Italia e non residiu en Francia ata 1848 cando foi elixido para a Asemblea Nacional por Córsega. Despois da caída de Napoleón III en 1870, volveu a Gran Bretaña.
Dedicado ao estudo comparativo das linguas europeas, foi un dos primeiros filólogos que estudou as falas vivas con métodos rigorosos por medio da comparanza lingüística. Promoveu a tradución do Evanxeo de Mateu ao galego, nunha época na que aínda comezaba a tradición literaria moderna do galego. Bonaparte considerou demasiado castelanizada a primeira versión, feita por Vicente Turnes, e o encargo realizouno ao final José Sánchez de Santa María, ao que lle puxo prólogo e publicou en 1861 en Londres co título de Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa. Desgrazadamente a tradución e o limiar de Bonaparte pasaron desapercibidos na Galicia da época, a pesar de ser a primeira tradución ao galego moderno (de non ter en conta a Parábola do Fillo Pródigo aparecida en 1857 nun libro de Magín Pers i Ramona en Barcelona e de autor descoñecido, aínda que pola escasa calidade da tradución seguramente non galego). Encargou a Manuel Fernández de Castro a tradución do Evanxeo de Mateu ao asturiano central.
O seu labor filolóxico tivo máis transcendencia no caso do éuscaro. Louis realizou cinco viaxes a Euskal Herria entre 1856 e 1869. Froito do traballo de campo realizado e do labor dun bo número de colaboradores nativos foi a publicación de 33 escritos nos diversos dialectos do éuscaro ou relacionados con esa lingua, entre os que destacan Cartes des Sept Provincies Basques montrat la délimitation actuelle de l'Euskara et sa division en dialectes, sous-dialectes et varietés (1866) e Le verbe basque en tableaux (1869), exposición das formas verbais vascas en oito dialectos. Aínda hoxe a clasificación dialectal do vasco é a que el fixo, con algunhas modificacións.
Estudou tamén os dialectos ingleses, italianos, sardos e albaneses.
-
Carte des sept Provinces Basques
-
Carte des sept Provinces Basques