José Signo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1894 San Xoán, Estados Unidos de América |
Morte | 29 de maio de 1952 (57 anos) Córdoba, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, director de cinema |
José Signo García, nado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de agosto de 1894 e finado en Córdoba o 29 de maio de 1952, foi un actor e xornalista de orixe galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do guardés José María Signo Neda e a santiaguesa Concepción García, instalouse en Vigo antes de 1900. Traballou como xornalista en La Concordia e como actor. Foi autor con Ezequiel Moldes de El regalo de un poeta. Paso de comedia, aparecido en 1914.[1] Dirixiu a peza satírica La Ráfaga e colaborou co cineasta Xosé Gil. Posteriormente foi redactor xefe de La Zarpa en Ourense, redactor dos xornais Galicia e El Pueblo Gallego, e colaborador de Faro de Vigo e Vida Gallega. En 1924 tivo un xuízo fronte a Alejandro Pérez Lugín pola paternidade da novela La Casa de la Troya.[2][3]
En 1929 participou na creación da produtora Vicus Films, para a que dirixiu a longametraxe de ficción La tragedia de Xirobio (1930).[4][5] Vinculouse ao mundo teatral, primeiro na Agrupación Martín Codax de Vigo, logo no Teatro Nacional de la Falange, e, por último, na compañía de Celia Gámez. A partir de 1941 foi redactor de Vértice, en Donostia, de Voluntad, en Xixón, e do diario Córdoba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 20-9-1914, p. 3.
- ↑ Landín Tobío, P. (1925). La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia. Madrid: Editorial Reus.
- ↑ Paramés Montenegro, C. (18/2/2007). "¿Escribió Lugín "La casa de la Troya"?". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09/12/2019. Consultado o 26/09/2021.
- ↑ La tragedia de Xirobio (José Signo, 1930) Arquivado 12 de abril de 2012 en Wayback Machine., Ficha na web da AAG.
- ↑ Lamas, Jorge (13-12-2003). "O primeiro filme galego de ficción estréase 73 anos despois da súa rodaxe". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 14-03-2018. Consultado o 14-3-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Signo |