La Concordia (Vigo)
La Concordia | |
---|---|
Fundación | 1873 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Vigo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Concordia foi un periódico galego editado en Vigo entre 1873 e 1924.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de comercio y de intereses generales, apareceu o 2 de maio de 1873. Periódico bisemanal (aparecía os martes e venres) de tendencia liberal e defensor do provincialismo. Fundado e dirixido por Miguel Fernández Dios. Incluíu textos de autores estranxeiros e colaboracións de Benito Vicetto, Juan Neira Cancela, Francisco Añón e Teodosio Vesteiro Torres.
A principios de 1878 comezou a aparecer diariamente co subtitulo Primer diario de Vigo, dirixido primeiro por Eudoro Fernández Lema e despois por Miguel Fernández Lema, fillos do fundador. Centrouse nos problemas da cidade dende unha postura política moderada e construtiva. Foi o seu redactor Juan Villavicencio (que despois sería tamén director) e entre os colaboradores figuraron Concepción Arenal, Manuel Lustres Rivas, Luís Amado Carballo, Xoán Neira Cancela, Luis A. Mestre e Luciano Cid Hermida. Publicou a escolma de poesía Poesías Varias, de Francisco Añón en 1878.
A comezos de 1881 converteuse no órgano oficial da Liga de Defensores de Vigo, creada polo seu director xunto cos de Faro de Vigo e outras personalidades do concello. Deixou de publicarse en 1924 e deu paso a El Pueblo Gallego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Concordia, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Concordia, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 519–523. ISBN 84-7231-494-4.
- Lorenzana, Salvador (abril - maio - xuño, 1988). "Breve historia da prensa periódica en Galicia". Grial: 210–222. ISSN 0017-4181.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 119. ISBN 84-8288-137-X.