Liga de Defensores de Vigo
Liga de Defensores de Vigo | |
---|---|
Tipo | organización política |
Data de fundación | 1922 |
Sede | Vigo |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Liga de Defensores de Vigo foi unha agrupación política creada en Vigo en 1922.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Existiu en 1872 unha Liga de Defensores de Vigo que promoveu o periódico La Concordia.
Organizada en decembro de 1921, constituíuse o 2 de xaneiro de 1922. Formada por persoas dun amplo abano ideolóxico unidas pola angueira de defender os intereses locais. As súas reivindicacións eran os investimentos no porto, a comunicación directa con Madrid por estrada e ferrocarril e o aumento dos centros de ensino público.
Estaba presidida por Adolfo Gregorio Espino, principal figura do maurismo local que se separara do Partido Conservador para intentar rexenerar a política viguesa.[1] Xunto a el figuraron representantes da burguesía ilustrada da cidade coma Manuel Gómez Román, Amador Montenegro, Amado Garra, o avogado e conserveiro Curbera, Bernardo Bernárdez e Eugenio Fadrique González. O principal obxectivo político era tratar de afastar da vida política viguesa a Urzaiz e tódolos seus seguidores.[1]
Convocou mitins públicos e incluso algunha manifestación.
Nas eleccións municipais do 5 de febreiro de 1923 presentou candidatos e alcanzou presenza na Corporación Municipal, pero non conseguiu desprazar da alcaldía a antiga clase política urzaísta. Editou os periódicos La Luz e La Garra.
Canda a ditadura de Primo de Rivera, o ditador suspendeu a corporación viguesa e nomeou un goberno provisorio composto, sobre todo, por liguistas. A finais de ano, nomeou a Adolfo Gregorio Espino, alcalde de Vigo.[1]
A partir da Liga xurdiu a Editorial Vigo, que editou El Pueblo Gallego.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Hernández Soto, Gonzalo (27 de maio de 2018). "La Liga de Defensores de Vigo y las elecciones de 1923". vigoe.es (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2024.
- ↑ Alonso, Julio (29 de setembro de 2018). "Rúa Alcalde Gregorio Espino". vigoe.es (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Veiga Taboada, Manuel (2004). "O réxime de Primo de Rivera en Vigo e na Provincia de Pontevedra: Da esperanza á desilusión" (PDF). Revista de Estudios Provinciais (Deputación de Pontevedra) (20). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xullo de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2013.