Miguel Fernández Lema
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 valor descoñecido |
Morte | 1947 (74/75 anos) Vigo, España |
Alcalde de Vigo | |
1909 – 1910 ← Ricardo Senra Fernández – Manuel Diego Santos → | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Miguel Fernández Dios |
Irmáns | Eudoro Fernández Lema |
Miguel Fernández Lema, nado en 1872 e finado en Vigo en 1947, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Miguel Fernández Dios e de Felisa de Lema Marina (irmá de Ángel de Lema y Marina fundador do Faro de Vigo). Funcionario de Facenda. Foi director de La Concordia e Noticiero de Vigo. Foi fundador e o primeiro presidente da Asociación da Prensa de Vigo (1909)[1], deputado provincial polo distrito Vigo-Tui (1905) e alcalde de Vigo (1909-1910). En 1923 foi cofundador de El Pueblo Gallego sendo o seu principal accionista. Co peche de La Concordia en 1924 retirouse da vida pública viguesa.
Predecesor: Ricardo Senra Fernández |
Alcalde de Vigo 1909 - 1910 |
Sucesor: Manuel Diego Santos |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vigo con Josefina Vicetto Fábregas en 1905.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Presidentes de la APV". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 17 de agosto de 2012.