José Vázquez García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1944 (80 anos) Bamio, España |
Alcalde de Vilanova de Arousa | |
1985 – 1989 ← Juan Nieto Dios – Juan Manuel Dios Oubiña → | |
Alcalde de Vilanova de Arousa | |
1979 – 1983 – Juan Nieto Dios → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
José "Sito" Vázquez García, nado en Bamio (Vilagarcía de Arousa) o 4 de maio de 1944, é un político e mestre galego do PSdeG-PSOE que foi o primeiro alcalde democrático de Vilanova de Arousa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de EXB, instalouse na Illa de Arousa no 1968. Militante do MCG e posteriormente do PCG, nas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde de Vilanova de Arousa encabezando unha candidatura independente de esquerdas que logrou a maioría simple. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou unha contundente vitoria, ó bordo da maioría absoluta, pero non logrou a alcaldía dado que os demais grupos políticos apoiaron ó único concelleiro de Unión Isleña Democrática, Juan Nieto Dios. Este feito supuxo unha forte tensión social, algúns dos concelleiros que apoiaron a Nieto Dios recoñeceron presións, as cales parecían motivadas polas denuncias de contrabando que Vázquez fixera durante o seu mandato. Boa parte dos veciños da Illa (onde os socialistas lograran un resultado esmagador e onde residía Nieto Dios) non viron ben a elección do independente como alcalde, o cal conduciu a ameazas entre ambos os bandos, tendo que mudarse Nieto a Vilanova de Arousa, e Vázquez chegando a sufrir unha agresión e diversas ameazas. O novo alcalde foi perdendo progresivamente os apoios na corporación, ante o cal se rematou por presentarse unha moción de censura, a cal foi votada en outubro de 1985 retomando Vázquez a alcaldía. Nas municipais de 1987 encabezou de novo a candidatura socialista e nesta ocasión logrou ser reelixido con maioría absoluta. En agosto de 1989 renunciou á alcaldía e foi substituído polo seu compañeiro Juan Manuel Dios Oubiña.
Trala súa retirada da alcaldía seguiu formou parte da coordinadora pola segregación da Illa de Arousa de Vilanova de Arousa nos anos 90, chegando tamén a formar parte da Executiva Nacional Galega do PSdeG nesa época.
Predecesor: Juan Dorgambide Ibarreche |
Alcalde de Vilanova de Arousa 1979 - 1983 |
Sucesor: Juan Nieto Dios |
Predecesor: Juan Nieto Dios |
Alcalde de Vilanova de Arousa 1985 - 1989 |
Sucesor: Juan Manuel Dios Oubiña |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé Hermida (25 de setembro de 1989). "José Vázquez: "En Arosa se producen muchas muertes extrañas"". El País.
- A. G. (16 de setembro de 2010). ""Las corrientes y el viento fueron favorables para lograr el puente de A Illa"". Faro de Vigo.
- Manuel Rivas (6 de maio de 1984). "La 'mafia' del contrabando mediatiza las crisis que atraviesan los principales ayuntamientos de la ría de Arosa". El País.