Juan Nieto Dios
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 A Illa de Arousa, España |
Morte | 14 de outubro de 1995 (69/70 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | derramo cerrebral |
Alcalde de Vilanova de Arousa | |
1983 – outubro de 1985 (moción de censura) ← José Vázquez García – José Vázquez García → | |
Actividade | |
Ocupación | armador, político |
Juan Nieto Dios, "Chiquita", nado na Illa de Arousa no 1925 e finado en Pontevedra o 14 de outubro de 1995, foi un armador e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Armador, nas eleccións municipais de 1983 foi cabeza de lista da Unión Isleña Democrática ó concello de Vilanova de Arousa e logrou un concelleiro. Non obstante, e pese a que o PSdeG-PSOE quedara ó bordo da maioría absoluta, os demais grupos políticos apoiárono como alcalde, o cal levantou gran polémica entre os socialistas e na Illa de Arousa, onde el residía e os socialistas lograran un esmagador triunfo, denunciándose presións a varios dos concelleiros que o apoiaron para que o fixesen. Este contexto foi de gran tensión, tendo que cambiar a súa residencia a Vilanova tras diversas ameazas mentres que o líder socialista Sito Vázquez tamén sufriu ameazas e unha agresión. Desta forma, e trala progresiva perda de apoios na corporación, perdeu a alcaldía tras unha moción de censura en outubro de 1985 que supuxo que os socialistas recuperasen o goberno. A moción tivo lugar uns días despois do feito máis relevante ocorrido baixo o seu mandato, a inauguración da ponte entre a Illa e Vilanova.
Predecesor: José Vázquez García |
Alcalde de Vilanova de Arousa 1983 - 1985 |
Sucesor: José Vázquez García |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Palmira Pouso Dios e tiveron 15 fillos. Faleceu o 14 de outubro de 1995 no Hospital Provincial de Pontevedra tras sufrir un derramamento cerebral.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia ed. Arousa, 15-10-1995, p. 41.