José Varela Basabrú
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1894 Lugo, España |
Morte | 16 de xaneiro de 1959 (64 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
José Varela-Portas Basabrú, nado en Lugo o 1 de marzo de 1894[1] e finado no mesmo concello o 16 de xaneiro de 1959,[2] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou os estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela e trasladouse en 1913 á Universidade Central de Madrid.[3] Avogado en Lugo. O 16 de febreiro de 1936, cando se celebraban as eleccións a Cortes, actuando como apoderado do seu cuñado José Benito Pardo Pardo nun colexio electoral de Antas de Ulla, disparou contra José Sabariz García, militante de Izquierda Republicana, Victorino García Otero e outro; José Varela tamén resultou ferido.[4] José Sabariz finou en marzo a consecuencia das feridas.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1924 con Josefa Pardo Pardo, filla de José Benito Pardo Rodríguez (Pepe Benito)[6], e foi pai de José Ramón, Víctor, Juan, Javier, Santiago, María Teresa e Aurora Varela Pardo.