José Villar Lafuente
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1902 ![]() As Neves, España ![]() |
Morte | 21 de maio de 1941 ![]() Ourense, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político ![]() |
![]() |
José Villar Lafuente, nado nas Neves o 3 de agosto de 1902 e finado en Ourense o 21 de maio de 1941, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Sebastian Villar e Perfecta Lafuente. Foi nomeado axente executivo de recadación do Concello de Canedo en 1930.[1] Foi detido en xullo de 1934 acusado de participar na agresión a varios mozos das Juventudes Católicas.[2] Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en Tui en decembro de 1934.[3] Resultou ferido nun incidente con fascistas no café La Bilbaina de Ourense o 7 de xuño de 1936 no que foron asasinados José Nóvoa Nóvoa e Julio Navares Castro.[4] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Xulgado en Ourense por rebelión militar na causa 1365/36, foi declarado en rebeldía. Fuxido no monte, realizou un atraco na estrada de Rairo. Novamente procesado en 1941 na causa 389/41 xunto con Carlos Luis Novoa Varela, foi morto polas forzas do Rexemento de Infantería 88 preto das Curuxeiras (Seixalbo) o 21 de maio de 1941.[5] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.