José de Vaquedano
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1642 Puente la Reina, España |
Morte | 17 de febreiro de 1711 (68 anos) Santiago de Compostela, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | compositor, mestre de capela, sacerdote católico |
Xénero artístico | Música barroca |
Profesores | Matías Ruiz (en) |
Orde relixiosa | Orde da Santísima Trindade |
José de Vaquedano, nado en Puente la Reina (Navarra) o 20 de marzo de 1642 e finado en Santiago de Compostela o 17 de febreiro de 1711, foi un sacerdote, compositor e mestre de capela navarro. É considerado un dos meirandes expoñentes da música barroca española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]José de Vaquedano recibiu a súa educación, como primeiro neno de coro, na súa cidade natal de mans de Simón Huarte Arrizabalaga, mestre da capela en Puente de la Reina ata que foi nomeado para o mesmo cargo en Bilbao o 3 de marzo de 1654. Aos 21 anos xa buscaba colocación como cantor contralto no País Vasco, primeiro en Bilbao e Donostia e logo en Vitoria.
Entre 1663 e 1680 perdéuselle toda pista, e non se sabe nada sobre a súa “formación musical superior”. Pero parece ser que pronto pasou a Madrid. Por sorte, nunha carta atopada no epistolario de Miguel de Irízar, mestre da capela de Segovia (con data en Madrid o 13 de marzo de 1680), dise que Vaquedano rexentaba provisionalmente o maxisterio da capela no Real Mosteiro da Nosa Señora da Encarnación en Madrid tras a morte do mestre Matías Ruiz, un dos músicos máis eminentes de España do cal foi discípulo en composición. Vaquedano era monxe trinitario, obtivo a súa ordenación como sacerdote. Aínda que durante a súa infancia non parecía que quixese ser compositor nin que a súa formación fose por aí, xa que Huarte dicía que só sabía “su poco de contrapunto y concierto”, nas súas cartas de recomendación.
O 31 de agosto 1680 estivo de vacante no maxisterio da capela da Catedral de Santiago de Compostela, e o Cabido elixiuno para ese posto sen oposicións e só polas súas boas referencias. Aínda que tardou varios meses en facerse co cargo, pois era un monxe trinitario e necesitou unha dispensa especial para vivir fóra das casas da súa Orde, xa que en Santiago non había ningún convento dela, polo que tivo que acudir ó Nuncio da Súa Santidade.
O 10 de maio de 1681, tomou posesión do seu cargo e mantivo o seu posto durante 30 anos (1681 – 1710). Foi un fiel cumpridor das súas obrigacións pois non hai nin unha soa queixa do Cabido respecto ó seu servizo, e si moitas testemuñas da estima da que gozaba, tanto por parte dos músicos como das autoridades da catedral. Xubilouse en febreiro de 1710 por motivos de saúde.
Non só se xubila, senón que se lle adxudica a metade do seu soldo ( a outra metade destinábase para o mestre que o substituíra, con dereito a sucesión) e todo “en atención a los muchos años y bien que ha servido a esta santa iglesia”.
Faleceu en Santiago o 17 de febreiro de 1711.
Durante moito tempo houbo a crenza de que Vaquedano podía ser galego xa que había varias xustificacións: na catedral de Santiago tiña un primo e dous sobriños (a presenza destes familiares só de podía entender porque eran nativos de Galicia); e a outra explicación foi que, en 1684, Vaquenado suplicou o Cabido se lle podía dar permiso para sepultar a seu irmán na capela de San Antonio[1].
Obra
[editar | editar a fonte]A maior parte da música que compuxo para a catedral de Santiago, e incluso a que compuxo antes de ir a ela, perdeuse. Pero a que se conserva é de tal importancia, pola súa calidade, variedade, modernidade e interese, que coloca a Vaquedano nunha posición privilexiada no contexto da música española do seu tempo.
López Calo, o seu máximo estudoso, sinalou “Vaquedano es un compositor de tal talla que él sólo bastaría para honrar la historia de la música de una catedral”.
Dos seus traballos cinco son misas, 17 salmos, 2 magníficat, 1 Nunc dimittis, 7 lamentos de Semana Santa, 19 motetes e 49 villancicos en español. Vaquedano dominou un estilo policoral veneciano da composición, nalgunhas das súas obras, empregáronse 16 voces en cinco coros, cada unha das voces que cantaban a miúdo víronse reforzadas por instrumentos.Todo isto na catedral de Santiago. Ademais de 3 villancicos na catedral de Burgos e un na de Valladolid, todas en español.
As súas obras constitúen modelos dos seus respectivos xéneros musicais e representan todos os tipos de composicións usados naquela complexa época barroca. Pois polo xeral, os compositores destacaban nun único xénero ou estilo musical, ou cultivaban con preferencia un ou outro, pero Vaquedano cultivounos todos, e con gran mestría.
Nas súas composicións hai un estilo severo, é dicir, polifonía contrapuntístico – imitativa. Xénero que destacou na polifonía clásica do s.XVI. Mantén a rixidez do contrapunto imitativo pero vivificado coa harmonía de entón e cunha melodía expresiva e de gran variedade rítmica[2].
Era un contrapuntista formidable, posuía un dominio total da técnica. Tende cara un novo concepto, mantendo o principio fundamental da imitación, incluso coas formalidades clásicas da inversión do tema e outras semellantes. É capaz de escribir contrapunto imitativo sobre frases breves, pasando pos uns cromatismos descoñecidos naquela época.
Cultivou tamén a policoralidade, é dicir, escribir para máis de catro voces, dividindo estas en varios “coros”. Chegou a compoñer ata para 16 voces “en cinco coros”, pero nas obras que chegan ata nos, son frecuentes as composicións a 12 voces en 3 coros. Nas “Lamentación de Semana Santa”, consérvanse dúas a 8 voces, unha a 7 voces “con instrumentos”, unha “ a 6 con vihuelas” e dous a solo, unha a tiple e outra a contralto, estas obras solísticas, algunhas do máis puro estilo do “bel canto”. Nas obras de carácter relixioso empregaba melodías moi expresivas, inspiradas nas ideas ou sentimentos dos textos sacros.
Tiña un gusto polas síncopas tanto en melodías como en acordes. As melodías, sobre todo para solistas, son angulosas ou sincopadas e con frecuencia inestables harmonicamente. Sempre buscaba a falta de linealidade e claridade da arte barroca.
Instrumentación
[editar | editar a fonte]Vaquedano non empregou as posibilidades tímbricas e expresivas que ofrecían os instrumentos da capela. As melodías que escribía para os instrumentos non se diferencian das que compoñía para as voces. Adoitaba agrupalas en “coros” e non pedía un instrumento determinado, senón que se limitaba a dicir, nas partituras ou particellas orixinais, “con instrumentos” , e a súa elección dependía do mestre director en cada caso. Todo isto débese ó feito de que os músicos españois concibían a música relixiosa como vocal, e para eles os instrumentos eran como unhas voces máis pero de diferente timbre.
Listado dalgunhas obras
[editar | editar a fonte]Villancicos
[editar | editar a fonte]- A lo charro
- Al viento de las banderas
- Celebrad o mortales
- Cuidado sentidos
- Luces y cariños (ó Santísimo)
- Por dónde, di (para a traslación do Santísimo Sacramento no Real Templo de San Paio; para voz soa).
- Qué le diré a esta bella zagala (a Nosa Señora da Concepción)
- Que sale el rayo
- Al Apóstol más excelso – 1681.
- Alegría, Alegría – 1681.
- Despertad, campeón (ó apóstol Santiago a 16 voces en 5 coros) – 1684.
- Peregrino espera – 1684.
- La estrella en el cielo – 1685.
- Oíd el estruendo – 1686.
- Ah el imperio – 1688.
- Sangre, heridas – 1686.
- Salgan las tropas lucidas – 1691.
- Con amante adoración – 1692.
- Clarines de zafir – 1694.
- Rompan el clarín el viento – 1695.
- Oigan un peregrino – 1697.
- Españoles guerreros – 1697.
- Diga la admiración – 1698.
- Al harmonía y al horror – 1698.
- Guerra, guerra – 1699.
- Suene ese alma del aire – 1702.
- Ah la tumba sacra – 1702.
- Fuego, que arde el rayo – 1703.
- Desprendido va cruzando – 1704.
- Que gira, que vuela – 1706.
- Contra noches de polvo – 1706.
- Plaza, afuera – 1708.
- Quien de las flores – 1708.
Motetes
[editar | editar a fonte]- Adiuva nos
- Interveniat pro nobis: motete a 8 de los Dolores
- Jubilate Deo
- Matribus suis dixerunt
- Oh Admirable (Sonata a 3 voces)
- Sancte Francisce, propera, veni: motete a San Francisco de Asis
Lamentacións
[editar | editar a fonte]- Ego vir videns: Lamentación a solo
- Manum suam misit hostis
- Laudate Dominum: salmo a 12 voces en tres coros
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Calo, José (1983): “Fray Jose Vaquedano, sumo representante del Barroco musical español”. Musiker: cuadernos de música 1: 61–70. https://docplayer.es/77449454-Fray-jose-de-vaquedano-nuevas-aportaciones-a-su-biografia-y-al-estudio-de-su-obra-j-ose-l-opez-calo.html
- López Calo, José (1985): “Fray Jose de Vaquedano. Nuevas aportaciones a su biografía y al estudio de su obra.” Musiker: cuadernos de música 2 (1985): 105 - 115 http://hedatuz.euskomedia.org/7022/1/02103115.pdfArquivado 01/06/2020, en Wayback Machine.
- Varela de Vega, Juan Bautista (2003): «Vaquedano, Frei José de», en Gran enciclopedia Galega, editada por Silverio Cañada Acebal, n.º 43, 15 – 16. Lugo: El Progreso.
- Villanueva Abelairas, C. (1990): Las de Semana Santa de Lamentaciones Fray José de Vaquedano. Universidade de Santiago de Compostela, ISBN 84-7191-673-8
- Villanueva Abelairas, Carlos (2006): “Los villancicos a Santiago de Fray José de Vaquedano (1642 – 1711)”. Príncipe de Viana nº67 – 238: 489–513.
- Gran Enciclopedia de Navarra. «José de Vaquedano». Acceso o 12 de marzo. http://www.enciclopedianavarra.com/?page_id=20471 Arquivado 14 de abril de 2019 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xacopedia. «Vaquedano, José de». Acceso o 11 de marzo de 2020. https://xacopedia.com/Vaquedano_Jos%C3%A9_de
- Vídeos de interpretacións de José de Vaquedano
- ↑ José López-Calo. "Fray José de Vaquedano. Nuevas aportaciones a su biografía y al estudio de su obra". docplayer.es. Consultado o 2020-05-04.
- ↑ "Fray José de Vaquedano" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01/06/2020.