José del Peso Sevillano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 ![]() La Campana, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, inspector de educación, político ![]() |
José del Peso Sevillano, nado en La Campana (Sevilla) cara a 1895, foi un mestre e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado inspector de ensinanza primaria da provincia de Lugo en xaneiro de 1923. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha pensión para Suíza (de outubro de 1925 a marzo de 1926) onde se dedicou ao estudo da psicoloxía experimental e a orientación profesional. Masón, foi membro da loxa Lucus nº 5. Presidente da Organización Republicana Lucense (1930), participou no pacto de Lestrobe. Foi trasladado á provincia de Huelva a finais de 1930. Foi nomeado Inspector de ensinanza da provincia de Cádiz en setembro de 1932 e en xuño de 1935 pasou á provincia de Córdoba. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado. O seu expediente de depuración resolveuse en xullo de 1942 coa sanción de separación definitiva do servizo e baixa na escala.[1] Sufriu expediente de responsabilidades políticas.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Becerreá con Carmen Pérez Rosón, sobriña de Eduardo Rosón López, en xullo de 1927.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 27-8-1942, p. 6524.
- ↑ La Provincia, 17-7-1927, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Morente Díaz, Manuel (2011). La depuración de la enseñanza pública cordobesa a raíz de la Guerra Civil (PDF). Córdoba: El Páramo. pp. 637–641. ISBN 9788492904273.
- Porto Ucha, Anxo Serafín (2009). "La Educación Especial en la formación de los maestros y maestras en el primer tercio del siglo XX. Algunos datos referidos a Galicia". En María Reyes Berruezo Albéniz, Susana Conejero López. Localización: El largo camino hacia una educación inclusiva: la educación especial y social del siglo XIX a nuestros días : XV Coloquio de Historia de la Educación, Pamplona-Iruñea, 29, 30 de junio y 1 de julio de 2009 1. pp. 335–344. ISBN 978-84-9769-244-1.