Eduardo Rosón López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | novembro de 1880 Cervantes, España |
Morte | 1975 (94/95 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Lugo | |
1925 – 1927 ← Ramón Saavedra Salgado – Ángel López Pérez → | |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
1921 – | |
Gobernador civil da provincia de León | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Irmáns | Eulogio Rosón López |
Eduardo Rosón López, nado en Cervantes en novembro de 1880 e finado en 1975, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pascual Rosón Quindós que foi alcalde e xuíz municipal de Cervantes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1901.[1] Colaborou en El Correo de Lugo, El Norte de Galicia, La Idea Moderna e El Áncora.[2] Exerceu a avogacía en Becerreá, onde foi secretario do concello. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado provincial polo distrito da Fonsagrada-Becerreá en 1905,[3] e volveu ser elixido polo distrito de Sarria-Chantada en 1911,[4] repetindo polo mesmo distrito polo artigo 29 en 1915.[5] Instalou despacho de avogado en Lugo en 1918.[6] Foi gobernador civil de León (1919),[7] Ourense (1921-1922), Burgos e Oviedo (1930). Presidiu a Federación Católica Agraria de Lugo a principios dos anos vinte. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Lugo en xaneiro de 1925, e elixido alcalde o 13 de xaneiro.[8] Foi vicepresidente do Comité Provincial da Unión Patriótica. Permaneceu na alcaldía até que foi destituído a finais de marzo de 1927.[9] Foi iniciativa súa a celebración en Lugo do Congreso de Economía Gallega os días 7 e 8 de outubro do 1925. Foi decano do Colexio de Avogados de Lugo dende 1947.[10]
Escribiu artigos dedicados á agricultura e varios folletos, entre eles El ferrocarril de Ribadeo a El Bierzo (1928).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Cruz distinguida de San Raimundo de Peñafort en 1968.[11]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vilafranca do Bierzo con Lucía Espinosa de la Iglesia o 30 de maio de 1917.[12] Foi tío de Antonio, Eduardo e Juan José Rosón Pérez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Norte de Galicia, 27-6-1901, p. 2.
- ↑ El Correo de Lugo, 1-10-1900, p. 3.
- ↑ El Norte de Galicia, 17-3-1905, p. 2.
- ↑ El Miño, 19-3-1911, p. 2.
- ↑ La Voz de la Verdad, 8-3-1915, p. 1.
- ↑ La Voz de la Verdad, 12-4-1918, p. 2.
- ↑ La Idea Moderna, 28-7-1919, p. 2.
- ↑ El Ideal Gallego, 14-1-1925, p. 4.
- ↑ El Regional, 29-4-1927, p. 2.
- ↑ El Progreso, 28-3-1947, p. 3.
- ↑ El Progreso, 24-7-1968, p. 3.
- ↑ La Voz de la Verdad, 2-6-1917, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. pp. 126–128. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 28 de maio de 2024.
Predecesor: Ramón Saavedra Salgado |
Alcalde de Lugo 1925 - 1927 |
Sucesor: Ángel López Pérez |
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Avogados de Lugo
- Gobernadores civís de León
- Deputados provinciais de Lugo
- Alcaldes de Lugo
- Alcaldes de Galicia durante a Restauración
- Gobernadores civís de Ourense
- Gobernadores civís de Burgos
- Gobernadores civís de Asturias
- Nados en Cervantes
- Nados en 1880
- Finados en 1975