Ramón Saavedra Salgado
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1873 Lugo, España |
Morte | xullo de 1932 (58 anos) Santiago de Compostela, España |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
27 de marzo de 1928 – 15 de febreiro de 1930 | |
Alcalde de Lugo | |
1924 – 1925 – Eduardo Rosón López → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Ramón Saavedra Salgado, nado en Lugo o 15 de agosto de 1873 e finado en Santiago de Compostela a principios de xullo de 1932, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Manuel Saavedra Pando. Presidente da Confederación de Sindicatos Católicos. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Lugo o día 1 de outubro de 1923. A elección foi anulada e o día 4 elixiron a Manuel Roca Varela. O 12 de xaneiro de 1924 volveu ser nomeado alcalde Ramón Saavedra Salgado ao ser destituído o Concello. Permaneceu no cargo até principios de xaneiro de 1925. Foi presidente da Unión Patriótica de Lugo. Finou en Santiago de Compostela a principios de xullo de 1932.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Herminia Hidalgo Díaz de Léon.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 2-7-1932, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. p. 148. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 31 de maio de 2024.
Predecesor: Manuel Roca Varela |
Alcalde de Lugo 1924 - 1925 |
Sucesor: Eduardo Rosón López |