Reinaldo Fole Quiroga
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Galicia, España |
Morte | xaneiro de 1921 Lugo, España |
Alcalde de Lugo | |
1897 – 1899 ← Manuel Pardo de la Vega – Manuel Pardo de la Vega → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Ánxel Fole |
Reinaldo Fole Quiroga, finado en Lugo en xaneiro de 1921[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ángel Fole García e Jacoba Quiroga Sangro, neta de Juan María Quiroga, señor de Orbán e Basille. Concelleiro en Lugo e deputado provincial. Foi nomeado alcalde de Lugo en novembro de 1897, permanecendo no cargo ata xuño de 1899. Foi xuíz municipal de Lugo, fiscal da Audiencia de Cuenca (1911), da de Sevilla (1914), presidente da Audiencia provincial de Huesca (1918) e fiscal da Audiencia de Palencia.
Predecesor: Manuel Pardo de la Vega |
Alcalde de Lugo 1897 - 1899 |
Sucesor: Manuel Pardo de la Vega |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en primeiras nupcias con María Martínez Fole coa que tivo catro fillos e en segundas con María Benita Sánchez Corredoira coa que tivo outros catro, entre eles o escritor Ánxel Fole.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Norte de Galicia, 23-1-1922, p. 3.