Constantino Velarde Plá
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 22 de xuño de 1926 Madrid, España |
Alcalde de Lugo | |
1909 – 1909 ← José María Zubiri – Ángel López Pérez → | |
Alcalde de Lugo | |
1891 – 1892 ← Francisco Hermida Noya – José María Zubiri → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Constantino Velarde Plá, finado en Madrid o 22 de xuño de 1926 [1], foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco de Borja Velarde Ramírez e Isabel Plá Huidobro. Concelleiro en Lugo, foi alcalde da cidade en 1891 e deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Chantada en 1899. Volveu ser nomeado alcalde de Lugo o 1 de xullo de 1909, pero só permaneceu no posto ata outubro dese ano. Constantino Velarde mandou constituír en 1905 o edificio coñecido como palacete Velarde.
Predecesor: Francisco Hermida Noya |
Alcalde de Lugo 1891 - 1892 |
Sucesor: José María Zubiri |
Predecesor: Rodrigo de la Peña García |
Alcalde de Lugo 1909 |
Sucesor: Ángel López Pérez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en primeiras nupcias coa súa curmá María de la O Leandra Velarde Cuervo e en segundas nupcias con María González Fariñas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Regional, 23-6-1926, p. 4.