Vicente Quiroga Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 (83/84 anos) Quiroga, España |
Alcalde de Lugo | |
1983 – 1991 ← Xosé Novo Freire – Tomás Notario Vacas → | |
Actividade | |
Ocupación | político, aparellador |
Vicente Quiroga Rodríguez, nado en Quiroga en 1940,[1] é un político galego de tendencia conservadora e aparellador de profesión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alcalde de Lugo durante dous mandatos, entre 1983 e 1991, primeiramente fora elixido nas filas da Coalición Popular e a continuación, tras problemas coa súa formación, pasou a formar parte de Coalición Progresista Galega. Quiroga compartiu corporacións municipais, entre outros concelleiros, con Alfredo Mosteirín, Aniceto Codesal, Julio Ulloa Vence, Francisco Cacharro ou Manuel Varela Flores.[2]
Na súa etapa de goberno municipal construíronse os dous aparcadoiros subterráneos do centro histórico e o da Praza da Constitución en Lugo.
No ano 1996 foi condenado por falsidade en documento mercantil. Tras diversos recursos esta condena converteuse en firme e mesmo o Tribunal Constitucional confirmouna.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «El Campo Castelo es mi lugar de residencia y de ocio», entrevista en La Voz de Galicia, Lugo, 6-1-2019, p. 4.
- ↑ O ex alcalde de Lugo Vicente Quiroga foi hospitalizado nun centro coruñés El Progreso, 17 de febreiro de 2011.
- ↑ BOE núm. 14, 16 de xaneiro de 2001 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Xosé Novo Freire |
Alcalde de Lugo 1983 - 1991 |
Sucesor: Tomás Notario Vacas |