Eulogio Rosón López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 Cervantes, España |
Morte | 4 de agosto de 1955 (72/73 anos) Becerreá, España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, político |
Familia | |
Fillos | Senén Eulogio Rosón Pérez, Antonio Rosón, Luis Rosón Pérez, Eduardo Rosón Pérez, Juan José Rosón |
Irmáns | Eduardo Rosón López |
Eulogio Rosón López, nado en Cervantes cara a 1882 e finado en Becerreá o 4 de agosto de 1955, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pascual Rosón Quindós que foi alcalde e xuíz municipal de Cervantes e irmán de Eduardo Rosón López. Farmacéutico de Becerreá. Foi deputado provincial polo distrito de A Fonsagrada-Becerreá en 1924 e deputado corporativo entre 1925 e 1927. Participou no comité local da Unión Patriótica que se organizou en Becerreá a finais de 1927.[1] Finou en Becerreá o 4 de agosto de 1955.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mercedes Pérez Álvarez e foi pai de Antonio, María, Senén Eulogio, Mercedes, Luis, Eduardo, Victorino, Lucía, Juan José, Amalia, Francisco Javier e Isaac Rosón Pérez. O seu fillo Isaac, escuadrista da Garda de Franco, foi un dos cincuenta pasaxeiros da lancha "A Monchiña" que finaron no accidente marítimo na San Simón o 22 de agosto de 1950.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López Rodríguez, Pilar; Baz Vicente, Mª Jesús (2008). "Una aproximación a Falange en la provincia de Lugo (1936-1942)" (PDF). En Universidade de Santiago de Compostela. A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago de Compostela. pp. 195–219. ISBN 978-84-9887-000-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de maio de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2022.
- ↑ El Progreso, 5-8-1955, p. 5.
- ↑ El Progreso, 24-8-1950, p. 3.