Luis Rosón Pérez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1918 ![]() Becerreá, España ![]() |
Morte | 28 de setembro de 1995 ![]() Becerreá, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar, político ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española Fronte Oriental ![]() |
Familia | |
Pai | Eulogio Rosón López ![]() |
Irmáns | Antonio Rosón Senén Eulogio Rosón Pérez Eduardo Rosón Pérez Juan José Rosón ![]() |
Premios | |
Luis Rosón Pérez, nado en Becerreá cara a 1918 e finado na mesma vila o 28 de setembro de 1995, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Eulogio Rosón López. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi delegado local de prensa e propaganda de Falange en Becerreá.[1] Militar, foi nomeado gobernador civil e xefe provincial do Movimiento de Tenerife en febreiro de 1950. Foi xeneral de división e en 1980 foi nomeado interventor xeral do Exército. O 21 de novembro de 1984 foi vítima dun atentado de ETA na rúa Galileo de Madrid. Finou en Becerreá o 28 de setembro de 1995.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz do Mérito Militar.
- Gran Cruz de San Hermenexildo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Clementina Bussmann Lackamp.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 20-12-1936, p. 7.
- ↑ Necrolóxica en ABC, 28-9-1997, p. 112.
- ↑ Clementina Bussmann Lackamp
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- León Álvarez, Aarón (2008). "Discurso y acción política del gobernador civil Luis Rosón Pérez a través de la prensa tinerfeña (1950-1951)". II Congreso Historia del periodismo canario.