Joshua Redman
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2013.) |
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1969 (55 anos) Berkeley, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Berkeley High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor, saxofonista, músico de jazz |
Período de actividade | 1991 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Jazz e Post-bop |
Instrumento | Saxofone tenor (pt) , saxofone soprano (pt) e Saxofón |
Selo discográfico | Warner Bros. Records Nonesuch |
Familia | |
Pai | Dewey Redman |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | joshuaredman.com |
Joshua Redman, nado en Berkeley (California) o 1 de febreiro de 1969, é un saxofonista e compositor de jazz que traballa para Nonesuch Records. Gañou o premio Thelonious Monk International Jazz Saxophone Competition de 1991.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Joshua Redman era fillo do saxofonista tenor Dewey Redman e da bailarina Renee Shedroff. Seu pai era afroamericano e súa nai era xudía . Tocou varios tipos de música no Centro para Música Mundial en Berkeley, onde súa nai estudou baile indio. Ao largo dos seus estudos foi influenciado por músicos e grupos musicais como Jody Diamond, John Coltrane, Ornette Coleman, Cannonball Adderley,os Beatles, Aretha Franklin, osTemptations, Earth, Wind and Fire e Led Zeppelin meteron a Joshua máis profundamente na música. Comezou tocando o clarinete a idade de nove anos, pero un ano máis tarde, comezou co saxofón tenor, instrumento co que fixo a súa carreira musical.
Graduouse no Berkeley High School , no que formou parte do grupo de Jazz do instituto, e no 1991 graduouse en Harvard, a vez que foi aceptado pola Escola de dereito da Universidade de Yale. Algúns dos seus amigos convencerono para trasladarse para Nova York , e posteriormente viuse involucrado no mundo do jazz e empezou a relacionarse con outros grandes artistas do jazz da súa época como Peter Bernstein, Larry Goldings, Kevin Hays, Roy Hargrove, Geoffrey Keezer, Leon Parker, Jorge Rossy e Mark Turner.
Redman gañou o Thelonious Monk International Jazz Saxophone Competition no 1991, e aí empezou a súa verdadeira carreira musical. Despois disto , Redman conseguiu un contrato con Warner Bros. O seu primeiro álbum titulouse Choices [1] e publicou o seu segundo álbum, Wish[1], cando era o líder dun cuarteto moi prestixioso, constituído polo guitarrista Pat Metheny, o baixista Charlie Haden, e o batería Billy Higgins. Este cuarteto tivo unha exitosa xira , só cun cambio na batería , Christian McBride por Billy Higgins. Logo seguiu a formar parte doutros cuartetos ata que se formou o trio Elastic[1], formado por Redmman,Sam Yahel e Brian Blade , que debutaron cun álbum chamado Yaya3 , e este trio pasouse a chamar Joshua Redman Elastic Band.
No 2000 Redman foi director artístico da Spring Season[2], organización non lucrativa que presenta jazz, SFJAZZ . Logo Redman e outros directores desta organización decidiron formar o Colectivo SFJAZZ, do que Joshua formaría parte e este proxecto estreouse no 2004 .No ano 2007 Redman comunicou que deixaba de formar parte tanto da SFJAAZ como do Colectivo SFJAAZ para experimentar outras cousas na súa vida .
Polo 1995, Redman, saliu nunha novela de televisión como un dos personaxes principais e tamén compuxo a banda sonora para unha película (Love and Betrayal: The Mia Farrow Story, 1995). No 2009 Redman comezou a formar parte dunha nova banda colaborativa: James Farm, constituída polo pianista Aaron Parks, o baixista Matt Penman, e o batería Eric Harland. Publicaron o primeiro álbum en abril de 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Joshua Redman : Album Discography". AllMusic. Consultado o 2018-04-08.
- ↑ "Joshua Redman talks about the SF JAZZ Spring Season and SF JAZZ Collective". SFGate. Consultado o 2018-04-08.