Juan Bautista Antequera y Bobadilla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1823 San Cristóbal de La Laguna, España |
Morte | 1890 (66/67 anos) Alhama de Murcia, España |
Ministro de Mariña de España | |
18 de xaneiro de 1884 – 13 de xullo de 1885 ← Carlos Valcárcel y Ussel de Guimbarda (en) – Manuel de la Pezuela y Lobo-Cabrilla (en) → | |
Ministro de Mariña de España | |
1 de abril de 1876 – 23 de setembro de 1877 ← Santiago Durán y Lira – Francisco de Paula Pavía y Pavía (pt) → | |
Senador de España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, oficial da armada |
Carreira militar | |
Rango militar | Vicealmirante |
Premios | |
Juan Bautista Antequera y Bobadilla nado en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife o 1 de xuño de 1823 e finado en Alhama de Murcia, Murcia no 1890. Foi un militar e político español, Vicealmirante da Armada Española e Ministro de Mariña.
Carreira militar
[editar | editar a fonte]Ingresou na Real Armada Española como gardamariña en 1838. Distinguiuse nos sitios das sublevadas Alacant e Cartagena, polo que lle foi concedida a Cruz de San Fernando. Ao mando do bergantiño Galiano na Habana loitou contra as expedicións piratas. Na guerra de África, en 1859, tomou parte nos combates de Río Martín, Larache e Arcila, séndolle concedido polo seu comportamento o emprego de Coronel de Infantaría de mariña. Durante a guerra hispano-suramericana de 1865, tomou o mando da fragata blindada Numancia ás ordes do Almirante Casto Méndez Núñez asistindo ao bombardeo de Valparaíso e ao combate do Callao. Efectuou co seu buque a viaxe de circunnavegación á terra.
Xa co emprego de Contralmirante, foi nomeado Comandante Xeral do Apostadeiro de Filipinas.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Foi elixido senador do Reino pola provincia das Canarias nas Cortes de 1871, 1872 e 1876, por Alacant en 1877 e nomeado senador vitalicio en 1884.[1]
Como Ministro de Mariña, foi o creador da Revista Xeral de Mariña, a Colección Lexislativa, códigos e regulamentos.
Foi inhumado no Panteón de Mariños Ilustres o 4 de setembro de 1922.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antequera y Bobadilla, Juan Bautista". Senado.es (en castelán). 2 de maio de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2010. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
Predecesor: José María Beránger Ruiz de Apodaca |
Ministro de Mariña 1870 - 1871 |
Sucesor: José María Beránger Ruiz de Apodaca |
Predecesor: Santiago Durán y Lira |
Ministro de Mariña 1876 - 1877 |
Sucesor: Francisco de Paula Pavía y Pavía |
Predecesor: Carlos Varcarcel y Ussel de Guimbarda |
Ministro de Mariña 1884 - 1885 |
Sucesor: Manuel de la Pezuela y Lobo |