Saltar ao contido

Juan Castiñeiras Galán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Castiñeiras Galán
Biografía
Nacemento1902 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de novembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfogueiro , político Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 6571

Juan Castiñeiras Galán, nado na Coruña en 1902 e finado na mesma cidade o 13 de novembro de 1956, foi un fogueiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño do Burgo (Culleredo) e fogueiro na Coruña. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado garda do Corpo de Seguridade da República en xullo de 1938.[1] Ao rematar a guerra foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[2] Volveu ser detido en 1947 e foi procesado polo Tribunal Militar da Coruña na causa 298/47 por actividades politicas xunto con Arturo Moreno Torres, Juan Domínguez Lliso, Manuel Gantes Barreiro e Manuel Vázquez Sampayo. Saíu en liberdade condicional o 16 de agosto de 1947.[3] En xaneiro de 1953 sufriu un accidente de traballo no porto da Coruña.[4] Finou na Coruña o 13 de novembro de 1956 con 54 anos.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Filomena Castro Vila en febreiro de 1924,[6] e foi pai de María Nieves Castiñeiras Castro.

  1. Gaceta de la República, 19-7-1938, p. 236.
  2. BOE, 8-6-1946, p. 1552-1560.
  3. Documento de liberdade condicional de César Leopoldo Fraguela
  4. El Ideal Gallego, 11-1-1953, p. 3.
  5. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-9-1953, p. 7.
  6. La Voz de Galicia, 17-2-1924, p. 4.