Manuel Gantes Barreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1907 A Coruña, España |
Morte | 19 de xuño de 1992 (84/85 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , militar |
Membro de | |
Cronoloxía | |
4 de xaneiro de 1937-7 de xaneiro de 1937 | evasión de La Libertaria |
Manuel Gantes Barreiro, coñecido como Roque, nado na Coruña cara a 1907 e finado na mesma cidade o 19 de xuño de 1992, foi un sindicalista e miliciano galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Delegado do Sindicato del Transporte Marítimo, membro da sección de Chaboleiros do SIP da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado nunha casa da barriada de Santa Lucía, na que vivía a súa cuñada Consuelo Couceiro, operaria da fábrica téxtil La Primera Coruñesa. Participou na fuga da motora La Libertaria en xaneiro de 1937. Foi procesado por rebelión na causa 1091/37. Combateu no exército republicano. Traballos forzados para franceses e alemáns. Volveu á Coruña en 1946. Foi xulgado na causa 298/47 por actividades políticas xunto con Juan Castiñeiras Galán, Juan Domínguez Lliso, Arturo Moreno Torres e Manuel Vázquez Sampayo e condenado a doce anos e un día de prisión. Preso no cárcere da Coruña, saíu en liberdade por sobresemento o 16 de agosto de 1947.[1] Finou na Coruña o 19 de xuño de 1992.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Barreiro Patiño e foi pai de Dolores, Manuela e Pilar Gantes Barreiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Documento de liberdade condicional de César Leopoldo Fraguela
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-6-1992, p. 56.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. ISBN 84-87783-79-1.
- Pereira, Dionisio (2011). Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (PDF). Vigo: Xerais. p. 311. ISBN 978-84-9914-182-4.