Juan Filloy
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1894 Córdoba, Arxentina |
Morte | 15 de xullo de 2000 (105 anos) Córdoba, Arxentina |
Educación | Universidade Nacional de Córdoba (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, Caricatura, actividade literaria, justice and judicial activities (en) e dereito |
Ocupación | escritor, bibliotecario, caricaturista, avogado, xurista, xuíz |
Período de actividade | 1930 - |
Premios | |
Juan Filloy Grange, nado en Córdoba (Arxentina) o 1 de agosto de 1894 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 2000, foi un escritor arxentino de ascendencia galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Benito Filloy, orixinario de Cortegada (Silleda) e nai francesa. En 1918 participou na Reforma Universitaria, case ao mesmo tempo que traballaba de debuxante caricaturista. Foi membro da Federación Argentina de Boxeo e dirixiu combates de Luis Ángel Firpo.
En 1920, graduado de avogado na Universidade Nacional de Córdoba, trasladouse a Río Cuarto, cidade na que residiu durante 64 anos. En Río Cuarto foi un dos fundadores do Museo de Bellas Artes de Río Cuarto e do Golf Club (deporte que nunca practicou). Durante sesenta anos foi colaborador do xornal El Pueblo de Río Cuarto, no que escribiu unha columna diaria con comentarios de actualidade, crítica literaria ou teatral. Despois de publicados os seus primeiros sete libros en edicións de autor, permaneceu máis de 28 anos (entre 1939 e 1967) sen novas publicacións. Durante ese tempo traballou como xuíz, pero non deixou de escribir. A partir de 1984 e ata a súa morte volveu residir na cidade de Córdoba.
O escritor
[editar | editar a fonte]É autor dunha vasta obra literaria en todos os xéneros: novela, conto, artigos, ensaio, tradución, poesía, teatro, relato, nouvelle, historia, en total escribiu máis de cincuenta obras, permanecendo aínda moitas inéditas.
A súa obra caracterízase por unha crítica aos costumes humanos, mediante o humor recorrendo frecuentemente á parodia e á ironía.
Foi moi afeccionado aos palíndromos, dos que publicou máis de 8.000 e os megasonetos, que consisten en 14 series de 14 sonetos, dos que publicou 896. Outra curiosidade consiste en que todos os títulos das súas obras teñen sete letras, e que os títulos comenzan con todas as letras do alfabeto.
Foi fonte de inspiración para outros escritores como Julio Cortázar, que se refire á súa obra en Rayuela e en La vuelta al día en ochenta mundos. Alfonso Reyes Ochoa sostivo que era «el progenitor de una nueva literatura americana».
Obras
[editar | editar a fonte]Entre 1930 e 1997 publicáronse 27 obras de Filloy:
- Periplo (1930)
- ¡Estafen! (1931 e 1997)
- Balumba (1932)
- Op Oloop (1934, 1967 e 1997)
- Aquende (1935 e 1996)
- Caterva (1938 e 1992)
- Finesse (1939)
- Ignitus (1971)
- Yo, yo y yo (1971)
- Los Ochoa (1972)
- La potra (1973)
- Usaland (1973)
- Vil & Vil (1975)
- Urumpta (1977)
- Tal cual (1980)
- L'Ambigú (1982)
- Karcino (1988)
- Gentuza (1991)
- Mujeres (1991)
- La purga (1992)
- Elegías (1994)
- Esto fui (1994)
- Sagesse (1995)
- Don Juan (1995)
- Sexamor (1996)
- Sonetos (1996)
- Decio 8A (1997)
Outras tres obras foron publicadas como artigos no diario El Pueblo e en La Nación de Bos Aires: Jjasond, Metopas e Ñanpilm. A comezos de 2006, un número considerable de obras de Filloy non foran aínda publicadas: Ambular, Changüí, Churque, Eran Así, Gaudium, Homo Sun , Ironike, Item Más, Llovizna, Miss Liv, Nepente, Nefilim, Quolibet, Recital, Revenar, Sicigia, Tanatos, Todavía, Witness, Xinglar e Zodíaco.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Don Juan. Antología de Juan Filloy. Selección, estudio y prólogo a cargo de Mempo Giardinelli. Buenos Aires: Ediciones Desde la Gente, 1995.
- Juan Filloy. El escritor escondido. Mónica Ambort. Córdoba: Op Oloop Ediciones, 1992.
- Atípicos en la literatura latinoamericana. Noé Jitrik (compilador). Buenos Aires: Oficina de Publicaciones del Ciclo Básico Común, UBA, 1997.
- Anatomía de Op Oloop. Hermenéutica de la novela Op Oloop de Juan Filloy. Héctor González Quintana. Río Cuarto: Universidad Nacional de Río Cuarto, 1994.
- Anatomía de La Potra. Hermenéutica de la novela La Potra de Juan Filloy. Héctor González Quintana. Río Cuarto: Universidad Nacional de Río Cuarto, 1996.
- Resquicios de la Ley : una lectura de Juan Filloy. Sandra Gasparini. Buenos Aires : Universidad de Buenos Aires, 1994.
- Juan Filloy : libertad de palabra : textos críticos y antología. Ed.Stella Maris Colombo. Santa Fe: Fundación Ross, 2000.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Ecce Homo, dir. Ana Da Costa e Emiliano Serra. prod. Eduardo Montes-Bradley. Arxentina, 2004. (Documental Biográfico)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lista de ligazónsArquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. a artigos sobre Filloy.
- Notas técnicas sobre la obra de Juan Filloy, por Horacio Massimino.
- Biografía en literatura.org
- "El que no tenga imaginación que se corte la mano" - reportaxe de Ricardo Zelarrayán na revista La idea fija
- Lado B: canciones lentas Cuento/Entrevista por Hernán Casciari, na Revista Orsai.
- Artigos sobre Galicia