Juan González Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1919 ![]() Grandal, España ![]() |
Morte | 1949 ![]() Monfero, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis, electricista ![]() |
Membro de | |
![]() |
Juan González Martínez, coñecido como Perucho e Pinocho, nado en nado en Grandal (Vilarmaior) en 1919 e finado en Monfero en 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Electricista dos estaleiros de Ferrol e militante comunista. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 prestaba servizo como mariñeiro electricista no Jaime I, e foi detido en Pontedeume, onde estaba de permiso. Xulgado en Ferrol en consello de guerra por desobediencia e insulto a un superior o 1 de outubro,[1] foi condenado. Saíu en liberdade provisional o 12 de agosto de 1941. Amigo de Arturo Cortizas López, reorganizou o PCE baixo a Unión Nacional Española (UNE) en Ferrol. Foi detido pola policía o 28 de xuño de 1944; o 1 de xullo foi trasladado ao cárcere da Coruña sendo excarledado o 14. Volveu ser detido ao día seguinte a disposición do Xulgado Militar. Saíu en liberdade provisional o 22 de decembro. Logo da redada que desmantelou o PCE en febreiro de 1946 botouse ao monte e uniuse á IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Da súa morte en 1949 hai dúas versións: unha afirma que morreu nun enfrontamento coa Garda Civil, e segundo outra foi acusado de traizón e executado pola guerrilla na zona de Pazos (Monfero).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Diario de Pontevedra, 2-10-1936, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamela, Luís (2023). A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 222–226. ISBN 978-84-8487-635-9.
- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 80. ISBN 84-8485-231-8.