Saltar ao contido

Juan Manuel Díaz Villoslada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Manuel Díaz Villoslada
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

LinkedIn: juan-m-díaz-villoslada-74904533 Editar o valor en Wikidata

Juan Manuel Díaz Villoslada, nado en Ourense en 1965,[1] é un avogado e político galego de Sumar Galicia, anteriormente do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia, e traballou na administración autonómica. Foi xerente da Universidade da Coruña (2012-2016).[1]

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña. Ocupou o posto número catro na candidatura liderada por Inés Rey nas eleccións municipais de 2019, tras as que formaría parte do goberno local como responsable de Urbanismo. Con todo, deixou o cargo en marzo de 2022 por discrepancias coa rexedora. En decembro de 2023 causou baixa no PSOE e incorporouse a Sumar Galicia. Foi de número 10 na lista de Sumar Galicia nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024.

  1. 1,0 1,1 "Directorio de Deputados". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]