Saltar ao contido

Juan Sanmartín Serna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Sanmartín Serna
Biografía
Nacemento(es) Juan Sanmartín y Senra Editar o valor en Wikidata
21 de abril de 1830 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1898 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor en Wikidata

BUSC: sanmartin-y-serna-juan-1830-1898


Juan Sanmartín Serna, nado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1830 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1898, foi un escultor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Felipe de Castro, busto en bronce de Juan Sanmartín, 1883.

De familia humilde, traballou como aprendiz de carpinteiro nun taller compostelán. Un arquitecto levouno para a súa casa e ensinoulle debuxo. Marchou a Ferrol e Coruña para buscar traballo e finalmente retornou a Santiago. Finalmente marchou a Madrid onde logrou sobrevivir grazas a un traballo nun taller de ebanistaría. Alí coñeceu a Diego López Ballesteros, ministro de Facenda de Fernando VII, que o protexeu e que, antes de morrer, o encomendou ó seu fillo Nicolás, auditor da Rota. Nicolás López matriculouno na Real Academia de Belas Artes de San Fernando e, pola súa mediación, Piquer aceptouno como discípulo no seu estudio. En 1857, cando levaba tres anos na academia de San Fernando, era un dos dous alumnos que gozaba dunha bolsa de estudos en Roma e, en 1888, esculpiu a estatua do padre Feijoo para a Biblioteca Nacional. Regresou a Compostela, onde realizou a súa obra máis recoñecida, a Sagrada Cea, que a corporación municipal lle encargou para substituír a vella Mesa dos apóstolos que o Xoves Santo saía en procesión baixo os auspicios do Concello.

Esculpiu tres estatuas de Colón, unha para o Ministerio de Ultramar, outra para o Senado e a terceira para o arsenal de Cartaxena. Outra das súas facetas foi a dos medallóns, relevos e bustos; na casa de Cándido Varela (na praza da Quintana) hai un relevo de escaiola firmado por Sanmartín en 1887 e un busto retrato tamén da súa autoría.

Foi nomeado membro da Academia de San Lucas e da Academia de Belas Artes de Carrara e fillo adoptivo de Cartaxena e de Noia. Recibiu a Cruz de Isabel a Católica.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]