Juan Serrano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1965 (59 anos) Portomarín, España |
Senador de España | |
2 de novembro de 2021 – maio de 2022 (dimisión) | |
Alcalde de Portomarín | |
2011 – outubro de 2021 (dimisión) ← Silvia Rodríguez Díaz – Pablo Rivas Folgueira → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Portomarín |
Ocupación | político, empresario |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Juan Carlos Serrano López, nado en Portomarín o 30 de xuño de 1965,[1] é un empresario e político galego do PPdeG, que foi alcalde de Portomarín.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Juan Serrano é o dono e xerente de Aviporto, unha empresa de fertilizantes obtidos a partir dos excrementos das galiñas.[2]
Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Portomarín sendo o máis votado, pero sen maioría absoluta, polo que a alcaldía foi para o PSdeG-PSOE tras pactar un goberno co BNG. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura popular, logrando nesta ocasión maioría absoluta e sendo elixido alcalde. Revalidou a maioría absoluta nas sucesivas eleccións de 2015 e 2019. A mediados deste último mandato, en outubro de 2021, dimitiu para deixar paso á alcaldía ao concelleiro Pablo Rivas, alegando que xa cumprira os seus obxectivos.[3] A seguir, foi nomeado senador no Senado de España por designación autonómica do Parlamento de Galicia en substitución de Xesús Vázquez Abad, e tomou posesión do escano o 2 de novembro do 2021.[4] En maio de 2022 cedeu o seu escano a Alberto Núñez Feijóo, e en agosto foi nomeado director da Casa de Galicia en Madrid.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un futuro impredecible". elprogreso.es. Consultado o 2021-10-18.
- ↑ "Aviporto, la valorización del estiércol de pollo". seleccionesavicolas.com. Consultado o 2021-10-18.
- ↑ "Juan Serrano dimite como alcalde de Portomarín y deja paso a su segundo". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-18. Consultado o 2021-10-18.
- ↑ X.M.P. (3 de novembro de 2021). "Serrano toma posesión como senador y deja atrás su etapa como alcalde de Portomarín". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ A Xunta recoloca o ex-senador que cedeu o seu escano a Feijóo como director da Casa de Galicia en Madrid
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Silvia Rodríguez Díaz |
Alcalde de Portomarín 2011 - 2021 |
Sucesor: Pablo Rivas |