Silvia Rodríguez Díaz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1976 ![]() Portomarín, España ![]() |
![]() | |
2007 – 2011 – Juan Serrano → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | política, historiadora ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
Silvia Rodríguez Díaz, nada en Portomarín o 9 de xaneiro de 1976, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Historia, filla dun concelleiro do PSdeG-PSOE de Portomarín nos anos oitenta. Presentouse ás eleccións municipais de 2003 encabezando a candidatura socialista de Portomarín, logrando 2 concelleiros. Nas municipais de 2007 encabezou de novo o PSdeG-PSOE e logrou 3 concelleiros, polo que foi elixida alcaldesa co apoio do BNG. Nas municipais de 2011, pese a melloralos seus resultados, perdeu a alcaldía en favor do PPdeG ao lograr este a maioría absoluta. Volveu encabeza-la candidatura socialista en 2015 e 2019 sen conseguir recupera-la alcaldía, se ben conseguiu mellores rexistros que nas anteriores ocasións.
Predecesor: Eloy Rodríguez López |
![]() Alcaldesa de Portomarín 2007 - 2011 |
Sucesor: Juan Carlos Serrano López |