Judith Anderson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Frances Margaret Anderson 10 de febreiro de 1897 Adelaida (Australia) |
Morte | 3 de xaneiro de 1992 (94 anos) Santa Bárbara, Estados Unidos de América |
Causa da morte | pneumonía |
Residencia | Santa Bárbara |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión |
Período de actividade | 1915 - 1987 |
Familia | |
Cónxuxe | Luther Greene (1946–1951), divorcio |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Dame Frances Margaret Anderson, nada en Adelaida o 10 de febreiro de 1897 e finada en Santa Barbara o 3 de xaneiro de 1992,[1] foi unha actriz británica de orixe australiana coñecida como Judith Anderson, que tivo unha carreira de éxito no teatro, no cinema e na televisión. Foi unha destacada actriz teatral do seu momento e gañou dous premios Emmy e un premio Tony, ademais de ser candidata ao Grammy e ao Oscar. Está considerada unha das grandes actrices clásicas do século XX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Frances Margaret Anderson naceu en 1897, a máis nova dos catro fillos de Jessie Margaret (de solteira Saltmarsh; 19 de outubro de 1862 – 24 de novembro de 1950), antiga enfermeira, e do escocés James Anderson Anderson, prospector pioneiro.[2][3] Asistiu a unha escola privada, Norwood, en que acabou a súa educación antes de graduarse.[4]
Debutou profesionalmente como Francee Anderson en 1915, interpretando a Stephanie no Teatro Real de Sydney, en A Royal Divorce. Á fronte da compañía estaba o actor escocés Julius Knight ao que logo recoñeceu como quen lle deu as súas habilidades interpretativas.[5] Apareceu ao seu lado en adaptacións de The Scarlet Pimpernel, The Three Musketeers, Monsieur Beacauire e David Garrick. En 1917 fixo unha xira por Nova Zelandia.[6]
Anderson era ambiciosa e quixo deixar Australia. Moitos dos actores locais marchaban a Londres, pero a guerra facíao máis difícil e decidiu ir aos Estados Unidos.[7] Viaxou a California, pero non tivo éxito logo de catro meses e mudouse a Nova York, coa mesma falla de éxito.[6][8] Tras un período de pobreza e enfermidade, atopou traballo na Emma Bunting Stock Company no Fourteenth Street Theatre en 1918–19. Entón marchou de xira con outras compañías.[6]
Éxito
[editar | editar a fonte]Debutou en Broadway con Up the Stairs (1922) á que seguiu The Crooked Square (1923) e logo marchou a Chicago con Patches (1923). Apareceu tamén en Peter Weston (1923) que tivo unha breve traxectoria.[9]
Un ano despois cambiou o seu nome artístico a Judith e logrou o seu primeiro triunfo coa obra Cobra (1924) coprotagonizada con Louis Calhern, que tivo 35 representacións. Despois pasou a The Dove (1925) que tivo 101 funcións e a estableceu definitivamente en Broadway.[6][10]
Anderson debutou no cinema nunha curtametraxe para Warner Bros., Madame of the Jury (1930), e debutou na longametraxe cun papel en Blood Money (1933). Con todo, centrouse en Broadway: Come of Age (1934) e Divided By Three (1934).[11]
Recibiu un forte pulo na súa carreira cando foi contratada para o filme Rebecca (1940), de Alfred Hitchcock. O filme foi un éxito comercial e de crítica e Anderson foi candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Anderson casou dúas veces e declarou que "ningunha experiencia foi unha feliz vacación":[12]
- Benjamin Harrison Lehmann (1889–1977), profesor inglés na Universidade de California en Berkeley;[13] casaron en 1937 e divorciáronse en agosto de 1939. Por este matrimonio tivo un enteado, Benjamin Harrison Lehmann, Jr.[14][15]
- Luther Greene (1909–1987), produtor teatral; casaron en xullo de 1946 e divorciáronse en 1951.[16]
Complete filmography
[editar | editar a fonte]- Madame of the Jury (1930, curtametraxe)
- Blood Money (1933) - Ruby Darling
- Rebecca (1940) - Mrs. Danvers
- Forty Little Mothers (1940) - Madame Madeleine Granville
- Free and Easy (1941) - Lady Joan Culver
- Lady Scarface (1941) - Slade
- All Through the Night (1942) - Madame
- Kings Row (1942) - Mrs. Harriet Gordon
- Edge of Darkness (1943) - Gerd Bjarnesen
- Stage Door Canteen (1943) - ela mesma
- Laura (1944) - Ann Treadwell
- And Then There Were None (1945) - Emily Brent
- The Diary of a Chambermaid (1946) - Madame Lanlaire
- The Strange Love of Martha Ivers (1946) - Mrs. Ivers
- Specter of the Rose (1946) - Madame La Sylph
- Pursued (1947) - Mrs. Callum
- The Red House (1947) - Ellen Morgan
- Tycoon (1947) - Miss Braithwaite
- The Furies (1950) - Flo Burnett
- Salome (1953) - Queen Herodias
- Macbeth (1954, telefilme) - Lady Macbeth
- Os dez mandamentos (1956) - Memnet
- Cat on a Hot Tin Roof (1958) - Big Momma Pollitt
- The Moon and Sixpence (1959, telefilme) - Tiare
- A Christmas Festival (1959, telefilme) - Narradora da ofrenda final
- Cradle Song (1960, telefilme) - The Prioress
- Macbeth (1960, telefilme) - Lady Macbeth
- Cinderfella (1960) - Wicked Stepmother
- Don't Bother to Knock (1961) - Maggie Shoemaker
- The Ghost of Sierra de Cobre (1964, telefilme) - Paulina
- Elizabeth the Queen (1968, telefilme) - Raíña Isabel I
- The File on Devlin (1969, telefilme) - Elizabeth Devlin
- A Man Called Horse (1970) - Buffalo Cow Head
- The Borrowers (1973, telefilme) - Aunt Sophy
- The Underground Man (1974, telefilme) - Mrs. Snow
- The Chinese Prime Minister (1974, telefilme) - She
- Inn of the Damned (1975) - Caroline Straulle
- Medea (1983, telefilme) - Nurse
- Star Trek III: The Search for Spock (1984) - Vulcan High Priestess
- The Booth (1985, telefilme)
- Impure Thoughts (1985) - The Sister of Purgatory
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Judith Anderson profile at Film Reference.com". filmreference. Consultado o 11 de maio de 2008.
- ↑ Genealogy SA index, showing year of birth was 1897 not 1898[Ligazón morta]
- ↑ "Judith Anderson Biography". Yahoo! Movies. 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 11 de maio de 2008.
- ↑ "Current Biography Yearbook, Volume 2". H.W. Wilson Co., 1941. 1941. Consultado o 31 de outubro de 2016.
Judith Anderson was born in Adelaide, South Australia, the ... to give the girl eight years of good schooling at two private institutions in South Australia, Rose Park and Norwood.
- ↑ "JUDITH ANDERSON". The Sun (1240) (Nova Gales do Sur, Australia). 2 de xaneiro de 1927. p. 28. Consultado o 5 de decembro de 2018 – vía National Library of Australia.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 THE STORY OF JUDITH ANDERSON New York Times 15 Feb 1925: X2.
- ↑ Dame Judith Anderson: Living, Working Legend - Smith, Cecil. Los Angeles Times (22 de abril de 1985: g2.)
- ↑ Heywood, Anne (7 de maio de 2003). "Anderson, Frances Margaret (Judith)". Australian Women's Archives Project. National Foundation for Australian Women. Consultado o 11 de maio de 2008.
- ↑ "Judith Anderson's First Chance". Weekly Times (3004) (Victoria, Australia). 26 de marzo de 1927. p. 16. Consultado o 5 de decembro de 2018 – vía National Library of Australia.
- ↑ "JUDITH ANDERSON.". The Sydney Morning Herald (27,754) (Nova Gales do Sur, Australia). 17 de decembro de 1926. p. 15. Consultado o 5 de decembro de 2018 – vía National Library of Australia.
- ↑ Judith Anderson Excels in Play Chapman, John. Chicago Daily Tribune, 25 de xaneiro de 1952: a10.
- ↑ Billy J. Harbin, Kim Marra, and Robert A. Schanke, The Gay & Lesbian Theatrical Legacy (University of Michigan Press, 2005), páx. 29
- ↑ Benjamin Harrison Lehman, English; Dramatic Art: Berkeley (1889-1977), Professor of English, Emeritus profile, consultado o 19 de agosto de 2014.
- ↑ Decennial Report: Harvard University, Class of 1911 (Four Seas Company, 1921), p. 245
- ↑ Langston Hughes, Joseph McLaren, and Arnold Rampersad, The Collected Works of Langston Hughes, páxina 392
- ↑ "Luther Greene Is Dead; Landscaper, Producer". New York Times. 4 de xuño de 1987.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Judith Anderson |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dame Judith Anderson papers, at the University of California, Santa Barbara Library; consultado o 19 de agosto de 2014.
- Dame Judith Anderson prompts Arquivado 13 de novembro de 2009 en Wayback Machine., na páxina da National Library of Australia; consultado o 19 de agosto de 2014.