Saltar ao contido

Os dez mandamentos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Dez mandamentos.

Os dez mandamentos
Póster orixinal do filme creado por Macario Gómez Quibus.[1]
Ficha técnica
Título orixinalThe Ten Commandments
DirectorCecil B. DeMille
ProdutorCecil B. DeMille
GuiónAeneas MacKenzie
Jesse L. Lasky Jr.
Jack Gariss
Fredric M. Frank
Baseado enPrince of Egypt de Dorothy Clarke Wilson
Pillar of Fire de J. H. Ingraham
On Eagle's Wings de A. E. Southon
Libro do Éxodo
IntérpretesCharlton Heston
Yul Brynner
Anne Baxter
Edward G. Robinson
Yvonne De Carlo
Debra Paget
John Derek
MúsicaElmer Bernstein
FotografíaLoyal Griggs
MontaxeAnne Bauchens
EstudioCecil B DeMille production
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea 8 de novembro de 1956
Duración220 minutos[2]
(con intermedio)
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroÉpico e relixioso
Orzamento13 millóns de dólares[3]
Recadación122,7 millóns de dólares[4]
(estrea inicial)
Na rede
http://www.paramount.com/movies/ten-commandments
IMDB: tt0049833 Filmaffinity: 598480 Allocine: 81064 Rottentomatoes: m/1021015-ten_commandments Mojo: tencommandments Allmovie: v49007 TCM: 92507 TV.com: movies/the-ten-commandments-1956 Netlix: 60000344 Editar o valor en Wikidata

Os dez mandamentos[5] (en inglés: The Ten Commandments) é un filme épico e relixioso estadounidense de 1956 producido, dirixido e narrado por Cecil B. DeMille[6] rodado en VistaVision (cor de Technicolor), e estreado por Paramount Pictures. Baséase na novela de 1949 Prince of Egypt de Dorothy Clarke Wilson,[7] a novela de 1859 Pillar of Fire de J. H. Ingraham,[8] a novela de 1937 On Eagle's Wings de A. E. Southon,[9] e o Libro do Éxodo. Os dez mandamentos é unha versión dramatizada da historia bíblica de Moisés, un príncipe exipcio adoptado que se converte no libertador do seu verdadeiro pobo, os hebreos, e lidéraos no Éxodo cara ó monte Sinaí, onde recibe de Deus os Dez mandamentos. O filme está protagonizado por Charlton Heston no papel principal, Yul Brynner como Ramsés, Anne Baxter como Nefertari, Edward G. Robinson como Datán, Yvonne De Carlo como Séfora, Debra Paget como Lilia e John Derek como Xosué; ademais tamén aparecen Cedric Hardwicke como Seti, Nina Foch como Bithiah, Martha Scott como Iochabel, Judith Anderson como Memnet e Vincent Price como Baka, entre outros.[6]

Filmado en localizacións de Exipto, como o monte Sinaí e a península do Sinaí, o filme foi unha das derradeiras e máis exitosas obras de DeMille.[10] É un remake parcial do filme mudo homónimo de 1923, e conta cun dos meirandes escenarios xamais creados para un filme.[10] Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 8 de novembro de 1956, e no momento da súa estrea, foi o filme máis caro xamais feito.[10]

Moisés, acabado de nacer, é recollido do río pola filla do faraón, Bitia. Ela adóptao e críao na corte real. Cando Moisés medra, gaña o aprecio do faraón Seti, pai de Nefertari, e de Ramsés, o que desgusta a este, o futuro Ramsés II. Mais Moisés un día descobre a súa orixe hebrea e coñece a súa verdadeira familia, o que o leva a deixar a súa vida como príncipe, converténdose en escravo.

Moisés salva da morte outro escravo, Xosué, ao matar o cruel e abusivo arquitecto Baka, e é expulsado de Exipto polo faraón. Ten que cruzar o deserto para chegar a terras dos pastores de Madián, e convértese en pastor e forma unha familia con Séfora, filla de Xetró, un dos xeques de Madián.

Mais o desexo de Deus é que libere os hebreos da escravitude, e un día chama a Moisés por medio dunha matogueira ardendo e revélalle a súa palabra. Moisés regresa a Exipto, onde Ramsés, casado con Nefertari, se converteu no faraón trala morte do seu pai. Moisés pídelle que libere o seu pobo, mais ante a negativa do faraón fai caer as dez pragas preparadas por Deus. Só a última, que provoca a morte dos primoxénitos de Exipto e polo tanto o seu, fai que Ramsés ceda.

Cando os xudeus de Exipto escoitan a revelación de Deus, Moisés guía o seu pobo cara ao deserto despois da noite en que o Anxo da Morte quitou a vida dos primoxénitos. Porén, Ramsés vese influído pola súa esposa Nefertari, que endurece de novo o seu corazón e decide acabar cos hebreos. Mais grazas ao poder divino, Ramsés perde todo o seu exército no mar Vermello, cubríndoo coas augas. Ramsés comprende entón que o Deus de Moisés é o verdadeiro Deus.

Nas chairas do Sinaí, Moisés ascende á montaña sagrada para recibir os Dez Mandamentos que rexerán a vida do pobo de Israel agora liberado. Con todo, ao ver que se demora 40 días e 40 noites na montaña, os hebreos desespéranse e caen na tentación de construír un becerro de ouro ao que adorar. Ao regresar Moisés e descubrilos, desátase a súa ira e lánzalles as táboas da lei, ademais de seren condenados por Deus a vagar durante corenta anos polo deserto.

Moisés termina a súa vida en Moab proclamando a liberdade da Terra e dos seus habitantes.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Muere Mac, el mítico cartelista de 'Doctor Zhivago' y 'Psicosis'". El Periódico de Catalunya. 21 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2018. 
  2. Louvish 2008, p. 481.
  3. Reported budgets:
  4. Block & Wilson 2010, p. 327.
  5. @. "Esta noite, escoita a voz de Deus en galego, falándolle a Charlton Heston en Os dez mandamentos" (Chío). Consultado o 31 de marzo de 2021 – vía Twitter. 
  6. 6,0 6,1 "The Ten Commandments". Turner Classic Movies. Atlanta: Turner Broadcasting System (Time Warner). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2016. 
  7. Wilson, Dorothy Clarke (1949). Prince of Egypt (1st ed.). Londres: Westminster Press. ISBN 978-1938659034. 
  8. Ingraham, J.H. (2013). The Pillar of Fire (Release ed.). India: Palala Press. ISBN 978-1340906429. 
  9. Southon, A.E. (1939). On Eagles' Wings. Oxford: Lowe and Brydone. OCLC 1436234. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "A Close Call for Mr. De Mille". Life: 115. 12 de novembro de 1956. Consultado o 5 de setembro de 2013. 
  11. Willman, Chris (8 de abril de 2008). "Charlton Heston: The EW Q&A". Entertainment Weekly. Consultado o 1 de xuño de 2019. 
  12. "Riselle Bain: Called by the spotlight". Sarasota Herald-Tribune. Sarasota, Florida: New Media Investment Group. 22 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de decembro de 2014.  (front page newspaper story with video, Sarasota, Florida) Photo as Miriam Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]