Juho Kusti Paasikivi
Aparencia
Juho Kusti Paasikivi, nado en Koski o 27 de novembro de 1870 e finado en Helsinqui o 14 de decembro de 1956, foi un avogado e político finés, presidente do seu país entre 1946 e 1956. Tamén foi primeiro ministro do país en dúas ocasións: en 1918, e de 1944 a 1946. Foi unha figura influente na economía e na política do país por case 50 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nunha familia sueco-finlandesa, foi bautizado Johan Gustaf Hellsten en 1870. En 1885 mudou o seu nome para o finlandés Juho Kusti Paasikivi. Estudou na Universidade de Helsinqui onde se graduou en Filosofía en 1892 e en Dereito en 1897.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |