Jules Dassin
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Julius Dassin ![]() 18 de decembro de 1911 ![]() Middletown (Estados Unidos de América) ![]() |
Morte | 31 de marzo de 2008 ![]() Atenas (Grecia) ![]() |
Causa da morte | gripe ![]() |
Lugar de sepultura | Primeiro Cemitério de Atenas (pt) ![]() ![]() |
Grupo étnico | Pobo xudeu ![]() |
Relixión | Xudaísmo ![]() |
Educación | Morris High School (en) ![]() Camp Kinderland (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor, director teatral, produtor de cinema, guionista, realizador ![]() |
Período de actividade | 1934 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Cinema negro ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Melina Mercouri (1966–1994), morte do cónxuxe Béatrice Launer (1933–1962), divorcio ![]() |
Fillos | Joe Dassin ( ![]() Richelle Dassin ( ![]() Julie Dassin ( ![]() ![]() |
Parentes | Julien Dassin, neto ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Julius "Jules" Dassin, nado en Middleton (Connecticut) o 18 de decembro de 1918 e finado en Atenas (Grecia) o 31 de marzo de 2008 foi un director de cinema estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dassin foi un dos oito fillos do barbeiro Samuel Dassin e Berthe Vogel. A súa familia era xudía de orixe rusa. Creceu en Harlem e estudou no instituto no Bronx. Na década de 1930 uniuse ao Communist Party USA, mais abandonouno en 1939 tralo pacto entre Hitler e Stalin. Comezou coma actor na compañía ARTEF (Yiddish Proletarian Theater) de Nova York.
Dassin comezou a ser coñecido polos seus filmes de cinema negro Brute Force (1947), The Naked City (1948) e Thieves' Highway (1949), ue o converteron nun dos principais directores estadounidenses da posguerra.[1]
En 1948 o produtor Darryl F. Zanuck chamou a Dassin para informalo que ía entrar na lista negra, pero que tiña tempo de facer un filme para a Fox.[2] Entrou finalmente durante a produción de Night and the City en 1950 e non se lle permitiu montar nin supervisar a banda sonora do filme.[3] Tamén tivo problemas para atopar traballo no estranxeiro, porque as compañías evitaban a distribución destes filmes en Europa. En 1952 a actriz Bette Davis contratouno para dirixila na súa obra Two's Company. O espectáculo pechou axiña e Dassin marchou a Europa, sen traballar coma director ata que chegou a produción francesa Du Rififi chez les hommes (1954). A maior parte da obra de Dassin nas décadas seguintes foron producións europeas.
En 1955 coñeceu a actriz Melina Mercouri no Festival de Cannes e nesa época descubriu a obra literaria de Nikos Kazantzakis. Estes dous elementos ligárono a Grecia. En 1962 divorciouse da súa primeira esposa e casou co Mercouri, matrimonio que durou ata a morte dela. A parella tivo que abandonar Grecia tralo golpe dos coroneis en 1967. Viviron entón en Nova York ata a caída da ditadura en 1974 cando volveron ao país. A súa prolífica carreira en Europa e a súa relación con Grecia, combinado coa pronuncia habitual do seu apelido en Europa, "Da-SAN", en lugar de "DASS-in", como se pronunciaba nos Estados Unidos, levou ao feito común de consideralo un director europeo.[3]
Foi un dos grandes impulsores do regreso dos mármores de Elgin a Grecia, para o que creou a Institución Melina Mercouri na súa lembranza. Faleceu en 2008 por complicacións da gripe.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Acreditado como | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Director | Produtor | Guionista | Actor | Personaxe | ||
1941 | The Tell-Tale Heart | ![]() |
||||
1942 | Nazi Agent | ![]() |
||||
The Affairs of Martha | ![]() |
|||||
Reunion in France | ![]() |
|||||
1943 | Young Ideas | ![]() |
||||
1944 | The Canterville Ghost | ![]() |
||||
1946 | Two Smart People | ![]() |
||||
A Letter for Evie | ![]() |
|||||
1947 | Brute Force | ![]() |
||||
1948 | The Naked City | ![]() |
||||
1949 | Thieves' Highway | ![]() |
||||
1950 | Night and the City | ![]() |
||||
1955 | Du Rififi chez les hommes | ![]() |
![]() |
![]() |
César le Milanais | |
1957 | Celui qui doit mourir | ![]() |
![]() |
|||
1959 | La legge | ![]() |
![]() |
|||
1960 | Never on Sunday | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Homer Thrace |
1962 | Phaedra | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Christo |
1964 | Topkapi | ![]() |
![]() |
![]() |
Turkish cop | |
1966 | 10:30 P.M. Summer | ![]() |
![]() |
![]() |
||
1968 | Hamilchama al hashalom | ![]() |
![]() |
|||
Uptight | ![]() |
![]() |
![]() |
|||
1970 | La Promesse de l'aube | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Ivan Mozzhukhin |
1974 | I Dokimi | ![]() |
![]() |
![]() |
||
1978 | Kravgi gynaikon | ![]() |
![]() |
![]() |
||
1980 | Círculo de dous | ![]() |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luther, Claudia (1 de abril de 2008). "Blacklisted Director Jules Dassin Dies at 96". The Times. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 23 de maio de 2015.
- ↑ Cineaste, Dan Georgakas, primavera 2007, p.72
- ↑ 3,0 3,1 Dassin, Jules (1 de febreiro de 2005). Night and the City (post-screening interview in DVD supplements). Criterion Collection.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jules Dassin na IMDb (en inglés).
- Fotografías da familia Dassin (en francés)
- Jules Dassin en The New York Times Movies (en inglés)
- Obituario en New York Times (en inglés)
- Obituario (en inglés)